CULTURA
O Teatro Nacional Dona María II de Lisboa presenta en Santiago o seu "Saxo tenor" dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués
A concelleira de Cultura, María Antón, e o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, presentaron esta mañá a versión de Saxo tenor, de Roberto Vidal Bolaño, que porá sobre as táboas do Teatro Principal a compañía lisboeta Teatro Nacional Dona María II neste mes de maio. Na presentación estiveron acompañados polo director do Centro Dramático Galego, Manuel Guede; o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; e o director da obra,...
CONSORCIO
O Consorcio conmemora o Día Internacional dos Museos coa entrega de publicacións a quen visite a Casa do Cabido este martes
O Día Internacional dos Museos celébrase este luns. Con motivo desta conmemoración, o Consorcio de Santiago entregará publicacións a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido ao longo da xornada deste martes -posto que os luns permanece pechada-, tanto a adultos como ao público infantil e xuvenil.
TURISMO
Turismo de Santiago promociona a cidade como destino de congresos, xornadas e eventos profesionais no mercado alemán
Turismo de Santiago promocionará a cidade no IMEX de Frankfurt, o evento profesional máis importante de Alemaña no sector de Congresos, Xornadas e Incentivos, que se celebra en Frankfurt do 19 ao 21 de maio. A entidade municipal participará a través do seu servizo para a promoción da cidade como destino de Congresos, o Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB).
EDUCACIÓN
Grande éxito de participación no X Certame de Danza Intercentros
A Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia completou o seu aforo durante a celebración do X Certame de Danza Intercentros, celebrado este domingo. O éxito foi tal que, durante os 120 minutos que durou o espectáculo, o público, de todas as idades, non se moveu do seu asento.
DEPORTES
Recibimento en Lavacolla a Verónica Boquete tras o título da Liga de Campións feminina
A concelleira de Deportes, María Corral, acudiu ao aeroporto de Lavacolla a recibir á futbolista compostelá Verónica Boquete, tras lograr co seu equipo, o FCC Frankfurt, a Liga de Campións feminina. A deportista permanecerá uns días na súa cidade natal antes de afrontar outro importante reto, o Mundial, ao que acudirá coa Selección Española.
FESTAS
Os maiores de Compostela viviron no Recinto Feiral de Amio a XVII edición da súa festa
Celebrouse no Recinto Feiral de Amio a décimo sétima edición da Festa dos Maiores. Este tradicional e concorrido xantar de convivencia, enmarcado nas Festas da Ascensión, contou coa música da orquestra Emperadores.
XUNTA DE GOBERNO
Concello, IGVS e Área Empresarial do Tambre colaborarán na captación e asentamento de proxectos empresariais
A Xunta de Goberno aprobou o texto dun acordo a subscribir entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), o Concello de Santiago e a Asociación Área Empresarial do Tambre para a promoción do asentamento de empresas e captación de proxectos de investimento empresarial en Santiago de Compostela.
TURISMO
Santiago acollerá o Festival de Patchwork de Galicia os días 5 e 6 de xuño
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, e a presidenta da Asociación Galega de Patchwork Centón, Alfonsina Uriburu, presentaron a sexta edición do Festival de Patchwork de Galicia, que se celebrara en Área Central os días 5 e 6 de xuño. O festival, que terá lugar por segundo ano consecutivo en Santiago, está organizado pola Asociación Galega de Patchwork. O obxectivo do evento é dinamizar o crecente sector do patchwork en Galicia.
FESTAS
Ana Obregón, Teté Delgado, Elisa Matilla e Fabiola Toledo presentan a comedia teatral "Sofocos Plus" en Santiago de Compostela
Ana Obregón, Teté Delgado, Elisa Matilla e Fabiola Toledo son as protagonistas de Sofocos Plus, comedia que poderemos en Compostela. As catro actrices, acompañadas da concelleira de Cultura, María Antón, presentaron a obra esta mañá na Casa do Concello. Poderemos vela este sábado 16, ás 19:00 horas, no Auditorio Abanca, enmarcada dentro das Festas da Ascensión.
EDUCACIÓN
Máis de 200 escolares amosarán o traballo do curso no X Festival de Danza Intercentros
A Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia acolle este domingo, a partir das 19:00 horas, a décima edición do Certame de Danza Intercentros, no que 229 alumnos e alumnas de infantil, primaria e secundaria, inscritos nas actividades extraescolares de danza dos colexios C. San Xosé de Cluny, CEIP Pío XII, CEIP López Ferreiro, CEIP Arquitecto Casas Novoa, IES Arcebispo Xelmírez I e IES Rosalía de Castro deleitaran ao público con 16 pezas de danza de diferentes estilos coma danza clásica, baile moderno, moderno...