TURISMO
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade asina convenios con Paradores, Turespaña, Renfe e Madrid Destino
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, asociación formada por Alcalá de Henares, Ávila, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona y Toledo, asinou en Fitur diversos convenios de colaboración con Turespaña, Paradores, Renfe e Madrid Destino.
DEPORTES
Uns 180 tiradores daranse cita en Santiago no VIII Open Compos de esgrima
O pavillón de Pontepedriña acollerá este sábado 25 e o domingo 26 o VIII Open Compos de esgrima, que comprenderá o Ranking Galego de Espada (absoluto e M-15)e o Ranking Nacional de Veteranos (espada e florete). A competición foi presentada en rolda de prensa polo concelleiro de Deportes, Adrián Varela, acompañado de Xosé Piñeiro e Jordi Acuña, presidente e monitor do club Compostela Esgrima, organizador do Open.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Nove equipos e 75 estudantes competirán na fase comarcal do III Club de Debate
A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, presentou esta mañá no Pazo de Raxoi a fase comarcal do Club de Debate 2014, acompañada polos concelleiros de Normalización Lingüística de Ames, Eugenia Martín, e de Teo, Carme Hermida. Tamén se inclúen os concellos de Carballo e Rois nesta fase comarcal, a de maior participación no certame, xa que terá nove equipos, formados por un total de 75 estudantes.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello ordena a retirada das pantallas da Alameda e da praza de Galicia
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, acordou requirir ás empresas que prestaban o servizo a retirada das pantallas situadas no parque da Alameda (Porta Faxeira) e na praza de Galicia nun prazo de dez días. De non terse en conta este requirimento nun prazo de dez días, o Concello retirará estas pantallas.
ALCALDÍA
Inaugurado o primeiro punto de autogás en Santiago de Compostela
O alcalde compostelán, Ángel Currás; o presidente do Consello de Administración de Galuresa, Manuel Martínez; e o delegado territorial de GLP de Repsol en Galicia, César Joral, inauguraron en San Caetano o primeiro punto de subministro de autogás na cidade, considerado actualmente como o combustible alternativo máis utilizado do mundo.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
"Auschwitz-Birkenau, unha mirada ao pasado", de Daniel Candal, nova exposición fotográfica no CSXM do Ensanche
O luns 27 de xaneiro, ás 19:30 horas, inaugurarase a exposición Auschwitz-Birkenau, unha mirada ao pasado, de Daniel Candal. A mostra permanecerá no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche ata o 8 de febreiro.
TURISMO
Turismo de Santiago e Aer Lingus sortearán unha fin de semana en Dublín na principal feira turística de Irlanda
Turismo de Santiago participará por segundo ano consecutivo na Holiday World Show, a principal feira turística de Irlanda, que se celebra en Dublín este fin de semana. A empresa municipal de promoción turística terá un espazo no stand de Turespaña, onde sorteará unha viaxe dunha fin de semana para dúas persoas en colaboración con Aer Lingus, a Oficina Española de Turismo en Irlanda e o Hotel A Quinta da Auga.
CULTURA
Dorian Wood inaugura Sons’14 presentando o seu último traballo, "Rattle Rattle"
Para comezar o ciclo Sons’14 e como froito dunha nova colaboración co Festival Sinsal, o Teatro Principal acollerá a presentación do arxelino de orixe costarricense Dorian Wood, que chega dende Los Angeles. Presenta o seu último traballo, Rattle Rattle, este venres, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. As entradas teñen un custo de 8 euros anticipada e 10 euros o día do concerto e poden mercarse no despacho de billetes do Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas), na Reixa Tenda ou en Novagalicia Banco (
DEPORTES
Repaso ás instalacións deportivas municipais
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, visitou varias instalacións deportivas municipais, con fin de avaliar os danos causados polos últimos temporais e, en xeral, o seu estado actual. Coñecidas as necesidades dos diferentes campos e pavillóns, programaranse os investimentos e as obras de mantemento para o exercicio 2014.
BENESTAR SOCIAL
Concello e Cruz Vermella poñen en marcha un programa de reforzo escolar para os nenos e nenas do sur da cidade
O Centro Sociocultural "Aurelio Aguirre" de Conxo acollerá a partir da vindeira semana as sesións do Programa de Apoio Socioeducativo posto en marcha pola Cruz Vermella en colaboración co Concello de Santiago. Lévase así este servizo de reforzo escolar ao sur da cidade, completando o que a Cruz Vermella xa vén prestando para a zona norte nas súas propias instalacións.