PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Participación Cidadá inaugura a mostra "Os composteláns imos de voda"
A Concellaría de Participación Cidadá convida a todas e todos á exposición fotográfica Os composteláns imos de voda, que se inaugurará na Casa das Asociacións o martes 19 de xaneiro ás 20:00 horas. A mostra permanecerá aberta ata o 6 de febreiro.
ALCALDÍA
O alcalde comprométese con CERMI a mediar para que o Hostal solucione os seus problemas de accesibilidade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o presidente do Comité de Entidades de Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI), Anxo Queiruga. Na reunión falaron dos problemas de accesibilidade detectados no Hostal dos Reis Católicos.
DEPORTES
Premios para os máis deportivos da temporada 2008/09
A S.D. Grixoa (2ª Autonómica), o C.D. Urban (3ª Autonómica), o Club La Salle (Xuvenil) e a S.D. Villestro (Cadete B) foron os gañadores dos trofeos á deportividade da temporada 2008/09. Algúns destes equipos son xa habituais entre os máis deportivos e tanto a S.D. Grixoa como a S.D. Villestro repiten trofeo nas súas respectivas categorías.
HOMENAXE
O Centro Sociocultural do Castiñeiriño adopta o nome de Agustín Bueno
O Centro Sociocultural do Castiñeiriño acolleu unha sentida homenaxe a Agustín Bueno. Dende agora este centro veciñal leva o seu nome, tal como reza na placa conmemorativa que se descubriu esta tarde.
ALCALDÍA
O alcalde demanda á Xunta a "corrección de enfoques inxustos" en relación ao Xacobeo
"A Xunta é consciente de que hai un problema nestes intres", indicou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, en relación á promoción e programación do Xacobeo 2010. Por isto, reclamoulle a "corrección de enfoques inxustos" que, na súa opinión, van en prexuízo da cidade e do propio Ano Santo.
ALCALDÍA
A renovación do convenio con Ryanair, clave nas boas cifras de Lavacolla en 2009
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, amosou a súa "moderada satisfacción" polo crecemento no número de pasaxeiros rexistrado no aeroporto de Lavacolla en 2009. "Santiago –indicou- é unha excepción dentro dun retroceso xeneralizado dos aeroportos españois". Atribuíu o éxito, en boa parte, á renovación do convenio con Ryanair.
CULTURA
Ultreia presenta ao público o seu novo disco no Teatro Principal
Como resultado dun minucioso traballo de investigación e compilación de temas tradicionais galegos xorde Ultreia!!!, o último disco da agrupación que leva o mesmo nome e que se presentou no Concello da man da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e dun dos integrantes do grupo, Emilio Lois. O grupo dará a coñecer este, o seu terceiro disco, ao público compostelán no Teatro Principal a partir das 21:00 horas do sábado 16.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica a redacción de tres proxectos financiados polo FEIL
Unha Xunta de Goberno extraordinaria e urxente serviu para tramitar a redacción de tres proxectos dos Fondos Estatais de Inversión Local (FEIL). As obras afectadas son as do complexo polideportivo de Villestro, a recuperación da zona verde no contorno do río Corvo (Salgueiriños) e o centro sociocultural de Santa Marta.
EMPREGO
Máis de 200 persoas participaron nas accións do Plan de Formación 2009
Un total de 237 persoas beneficiouse das 26 accións formativas gratuítas (13 presenciais e 13 por teleformación) desenvolvidas pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo a través do Plan de formación e mellora de competitividade para os sectores industrial, da construción, e do comercio e a hostalería. Plan de Formación 2009.
TURISMO
O Fórum Santiago 2010 acolle o III Encontro de Bloggers Gastronómicos
Sempre apostando polas novas tecnoloxías, os bloggers gastronómicos contarán cun espazo propio no Fórum, o eFórum, no que amosar os seus coñecementos e experiencias e debater sobre a blogosfera.