TRANSPORTES

Un día para ir gratis no autobús

21/09/2006

Os composteláns que o desexen poderán viaxar por un día no autobús urbano de xeito gratuíto. Será o venres 22 de setembro, con motivo da celebración do Día sen Coches. Unha oportunidade para deixar o coche na casa e coñecer de primeira man este servizo de transporte.

Leer más

EDUCACIÓN

A Escola Municipal de Música contará cunha orquestra e cun coro propios

21/09/2006

A Escola Municipal de Música, ubicada no Colexio Santiago Apóstolo, comeza un novo curso. Un total de 215 rapazas e rapaces están xa matriculados para esta tempada, que trae varias novidades, como a creación dunha orquestra e dun coro propios no centro, que serán presentados no concerto de Nadal. Este coro estará composto por 25 adultos e 50 nenos e nenas.

Leer más

CULTURA

Sons do Brasil no Principal con Lilian França e Sergio Tannus

21/09/2006

Logo dun encontro en Niterói (Río de Janeiro) en abril deste ano, o grupo galego Narf e o dúo formado por Lilian França e Sergio Tannus comezaron a traballar nesta posible colaboración que agora se fai realidade. As citas son o sábado 23 e o domingo 24 no Teatro Principal a partir das 21:00 horas, cun prezo de entrada de cinco euros.

Leer más

FURACÁN

O temporal deixa escasos danos materiais en Santiago

21/09/2006

Os restos do furacán Gordon chegaron a Santiago moito máis debilitados do que nun inicio se prevía, polo que, tralo seu paso, o balance sáldase con escasos danos materiais. O incidente máis importante tivo lugar en San Marcos, onde se rexistrou un incendio que foi rapidamente extinguido polos bombeiros. No resto do municipio, os efectos do temporal redúcense á caída de árbores, de tellas e dalgunha sinal de tráfico.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúan as actividades da Semana Cultural da Rocha

20/09/2006

Son xa dúas xornadas de actividades da II Semana Cultural da Rocha, que se prolongará ata o sábado 23. Esta edición o evento dedica unha sentida homenaxe a Luciano García Alén e toma como un dos seus referentes o ferrocarril.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Centro de Formación Ocupacional Sanxúas (Aríns) amosa o traballo dos seus obradoiros e cursos

20/09/2006

O Centro de Formación Ocupacional Sanxuás, de Aríns, xestionado pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego, recibiu unha visita institucional na que participaron o director xeral de Formación e Colocación, Pastor Fuenteseca, e a delegada provincial da Consellería de Traballo na provincia da Coruña, María Debén. Ademais do percorrido polas instalacións, ámbolos responsables mantiveron unha xuntanza co persoal técnico e os formadores das diferentes liñas de actuación da...

Leer más

TEMPORAL

O Concello chama á tranquilidade ante o temporal e pon en marcha un operativo de prevención por se fose necesario

20/09/2006

As previsión meteorolóxicas iniciais sobre a intensidade do furacán Gordon víronse reducidas nas últimas horas, polo que en Santiago os ventos non superarán os 47 quilómetros por hora. As autoridades municipais chaman á calma e á tranquilidade dos cidadáns porque non se espera que este temporal sexa especialmente virulento. De tódolos xeitos, o Concello vén de pór un marcha un dispositivo de prevención, integrado por 100 persoas, para atallar calquera problema que poida causar a tormenta.

Leer más
Compartir: