CULTURA

A Banda Municipal de Música estrea pezas do musical "Chess"

11/11/2005

As pezas musicais que se estrean neste concerto a Banda Municipal de Musica son do musical "Chess" composto por Benny Andersson, Bjorn Ulvaeus, do grupo sueco ABBA, mentres que a lírica foi obra de Tim Rice, que xa escribira a letra para os musicais de Lloyd Webber "Jesucristo Superstar" e "Evita".

Leer más

MEDIO AMBIENTE

Ábrese o prazo para solicitar composteiros de uso domiciliarios

11/11/2005

O Concello distribuirá un total de setenta e cinco composteiros –estruturas de madeira ou plástico onde se depositan os residuos orgánicos para transformalos en compost-, ademais de ofrecer asesoramento técnico sobre a viabilidade e as posibilidades deste sistema.

Leer más

TURISMO

Santiago intensifica a súa promoción no mercado británico e alemán

11/11/2005

Londres, Frankfurt e Berlín serán escenario da intensa semana de promoción turística que emprende a empresa municipal de turismo para ‘vender’ á cidade como destino cultural, profesional e de aprendizaxe ante mercados que agora contan con enlaces aéreos directos cara ao aeroporto de Lavacolla.

Leer más

EMPREGO

A Concellaría de Emprego abre o prazo de inscripción para seis cursos

10/11/2005

A Concellaría de Promoción Económica, Comercio, Mercados e Emprego oferta 90 prazas en seis cursos gratuitos dirixidos a persoas empregadas que queiran mellorar a súa capacitación laboral. Os cursos están centrados no ámbito da atención a persoas maiores, un ámbito no que existe unha demanda de traballadares na cidade, segundo un estudo recente do Observatorio Local de Economía e Emprego da Oficina de Promoción Económica.

Leer más

EIXO ATLÁNTICO

Touriño apoiará ao Eixo na petición do AVE Vigo-Porto ao estado

10/11/2005

O titular da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, presionará ao presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, para que teña presente a construción dunha liña do AVE entre A Coruña e Porto porque é "vital para Galicia e o norte de Portugal", manifestou.

Leer más
Compartir: