ALCALDÍA
Agustín Hernández sumouse ao recital poético da autora e dos pequenos ilustradores do libro "O Castelo da Rocha Forte"
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu no Local Sociocultural da Rocha ao recital poético do libro O Castelo da Rocha Forte, acto incluído na programación da X Semana Cultural da Rocha. Logo de ler tamén el un poema, participou nun tradicional magosto.
CONSORCIO
A Casa do Cabido ofrece esta fin de semana un curioso espectáculo, a imaxe invertida da Torre do Reloxo da Catedral
Na Casa do Cabido, na Praza das Praterías, remata este venres 24 a exposición Santiago Cidade Ilustrada, que reúne máis de 60 obras de distintos ilustradores españois e estranxeiros que retrataron a cidade de Santiago de Compostela nas súas creacións, en particular na literatura infantil e xuvenil e o cómic.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello abrirá un novo prazo para optar ás concesións das hortas municipais de Belvís
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, deu conta da apertura do prazo para solicitar as concesións das hortas urbanas municipais de Belvís de Abaixo. Así se aprobou nunha sesión da Xunta de Goberno na que tamén se acordou prorrogar os contratos das obras no Parque de Bombeiros e na rúa Caramoniña.
TURISMO
Santiago logra en setembro o seu máximo histórico en pernoctacións internacionais
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, cualificou de "contundentes" os datos de ocupación hoteleira de setembro feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Os indicadores reflicten que este mes foi o mellor da historia da cidade en turismo internacional, con 75.248 pernoctacións, o que supón un crecemento do 19,94% respecto de setembro do ano pasado.
ALCALDÍA
O alcalde destaca o importante investimento de retorno a medio e curto prazo que xerará Womex para a cultura galega
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, realizaron un percorrido polas instalacións de Womex 2014 na Cidade da Cultura. O rexedor compostelán expresou a súa certeza de que esta Feira Internacional das Músicas do Mundo, máis alá do seu impacto económico inmediato, estimado en 2,5 millóns de euros, xerará un "investimento de retorno máis importante a medio e curto prazo, tanto para os músicos galegos como para a cultura galega,...
CULTURA
O pianista Alejandro Vargas e a Orquestra do Espazo de Cámara da Universidade nas Xornadas de Música Contemporánea
Este domingo 26 poderemos gozar de dous novos eventos dentro das Xornadas de Música Contemporánea. Pola mañá, ás 12:30 horas, no Centro Galego de Arte Contemporánea, poderemos escoitar a Orquestra do Espazo de Cámara da Universidade dirixida por Mario Diz e co programa Experimenta coa música. E xa pola tarde, ás 20:00 horas e tamén no CGAC, o pianista cubano Alejandro Vargas presenta Ama Aza LaNdo, o seu novo disco. A entrada para as dúas propostas é de balde, previa retirada de convite no.../em>
ALCALDÍA
Santiago cede a Budapest o testemuño da organización de Womex 2015
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu á cerimonia protocolaria de transmisión da organización de Womex a Budapest, cidade na que se celebrará o vindeiro ano. Recibiu o testemuño o ministro húngaro de Recursos Humanos, Zoltán Balog. A edición 2014 continúa celebrándose en diversos espazos de Compostela ata o vindeiro domingo 26.
ALCALDÍA
O alcalde reivindica o gran potencial de Galicia na matemática aplicada á industria
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu en Raxoi os participantes na XV Conferencia de Decanos, Decanas, Directores e Directoras de Matemáticas, que se celebra en Santiago do 23 ao 25 de outubro.
ALCALDÍA
Agustín Hernández recibiu os organizadores e relatores do VIII Congreso Internacional de Psicoloxía Xurídica e Forense
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu no Pazo de Raxoi a directiva e os relatores do VIII Congreso (Inter)Nacional de Psicoloxía Xurídica e Forense, que se celebra na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) do 23 ao 25 de outubro.
ALCALDÍA
O alcalde destaca que o Plan Director do Camiño marcará as liñas mestras para que o fenómeno xacobeo siga medrando
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, como representante da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), participou na reunión da Comisión de Seguimento do Plan Director do Camiño de Santiago. Este documento, que marcará as accións e directrices a seguir por todas as administracións e axentes implicados nas diferentes rutas xacobeas a Compostela, estará listo antes de que remate o ano, segundo anunciou a directora de Turismo e Galicia, Nava Castro.