PROMOCIÓN ECONÓMICA

Máis de 600 alumnos asistirán á actividade "Aprende mercando"

26/03/2007

O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e o Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, inauguraron na Fundación Torrente Ballester e no Centro Sociocultural do Ensanche a actividade "Aprende Mercando", incluída no programa de dinamización comercial "Marzo, mes do comercio". Trátase dun proxecto educativo ao que asistirán 610 alumnos de diferentes colexios de Santiago, que ten como obxectivo iniciar aos máis pequenos no consumo responsable e en roles educativos vinculados ao acto de compra....

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde visita o Fogar Español e o Patronato da Cultura de Montevideo

24/03/2007

Seguindo coa súa visita institucional a Montevideo, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, foi recibido o venres 23 polo ministro de Asuntos Exteriores de Uruguai, Reinaldo Gargano, quen se amosou interesado en transmitir a idea de que en Uruguai existe un campo fértil para Galicia e para o conxunto do Estado en materia produtiva.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Compostela lembra o acto conmemorativo do centenario do Banquete de Conxo

23/03/2007

O martes 27 de abril, a cidade lembrará o acto conmemorativo do centenario do Banquete de Conxo, cunha ofrenda floral na tumba de Aurelio Aguirre e unha homenaxe. Recordarase así un evento, celebrado en xullo de 1958, no que á súa vez se conmemoraba por primeira vez o acontecemento do Banquete.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Promoción Económica colaborará con cinco escolas infantís para implantar un servizo de atención temperá

23/03/2007

O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, asinou cinco convenios de colaboración con cinco escolas infantís, Raiola, Paparolo, Rubido Romero, El jardín de los mimos e Mami, para a implantación do Servizo de desenvolvemento infantil e atención temperá nos centros. A atención temperá é definida polo Real Patronato sobre Discapacidade coma un "conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos que presentan os nenos con trastornos no seu...

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Clausurada a I Xornada de integración a través do deporte

23/03/2007

O alcalde en funcións, Néstor Rego, e o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, clausuraron a I Xornada de integración a través do deporte, enmarcada no Proxecto Persoa III. Neste seminario, celebrado no pavillón do Restollal, participaron un cento de persoas da Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI), da Asociación de Pais de Persoas con Minusvalidez Psíquica, da Asociación de Minusválidos do Val do Dubra (AMIVALDU) e alumnos de primeiro de ESO do Colexio San...

Leer más
Compartir: