CULTURA
Últimos días para participar no Cuarto Premio Auditorio de Galicia Novos Artistas 2005
Os participantes deben enviar a documentación antes das 15 horas do 30 de setembro de 2005
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A concellería de Promoción Económica presenta tres empresas que empregarán a trece persoas
O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, presentou tres novas empresas de carácter social que nacen a partir do Proxecto Persoa: Serpreco, Seco e Xandobela
MULLER
A concellaría da Muller pon en marcha un Plan de Igualdade de Oportunidades
O novo plan, que terá vixencia ata o ano 2007, ten o obxectivo de impulsar o cambio que equilibre a participación das mulleres e homes en todos os ámbitos da sociedade.
Facenda e Orzamentos
O Concello de Santiago espera recadar 16.700.000 de euros do IBI
Os titulares dos 1.735 inmobles suxeitos ao IBI poderán pagar o imposto ata o 21 de novembro.
ALCALDÍA
Bugallo explicará en Cusco cómo o patrimonio inmaterial de Santiago contribúe á vitalidade e sostenibilidade do seu patrimonio histórico
O alcalde compostelán, invitado pola Organización de Cidades Patrimonio Mundial, participa na cidade peruana no VIII Coloquio Mundial da OCPM.
OBRAS
Comezan as obras do parque comarcal de bombeiros
O venres 16 colocouse a primeira pedra do edificio que albergará o futuro parque comarcal de bombeiros, financiado pola Xunta, a Deputación e a Mancomunidade de Santiago. No acto interviron a Directora Xeral de Administración Local, Begoña Rodríguez Rumbo, o Presidente da Deputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda e o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A Concellería de Promoción Económica imparte cursos para mellorar as habilidades sociais dos desempregados
Os cursos comezan o 19 de setembro e van dirixidos aos participantes do Proxecto Crear. Quince dos setenta e cinco participantes no proxecto xa atoparon traballo grazas a intermediación de titores expertos en inserción laboral.
TURISMO
Turismo de Santiago trae á cidade a 150 turoperadores e xornalistas de Canarias e Baleares
Como parte do convenio asinado en xuño pola empresa municipal de Turismo e o truroperador Travelplan para a promoción da viaxe a Compostela desde as Canarias e Baleares, 150 directores de axencias minoristas e xornalistas das illas veñen á capital galega para coñecer de primeira man as características do destino.
CULTURA
O VI Ciclo de Lied de Santiago comeza no Teatro Principal con Italia como fío conductor
Mañá venres 16 de setembro, ás 21 horas comeza no Teatro Principal de Santiago a sexta edición do Ciclo de Lied Santiago de Compostela que organizan a Concellería de Cultura do Concello de Santiago e a Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza. Os protagonistas deste concerto inaugural (o primeiro dos catro recitais líricos dos que consta o ciclo) serán dous novos cantantes de gran proxección, Malin Christensson e Ronan Collett, e o pianista Roger Vignoles.
DEPORTES
O Concelleiro de Deportes e o Presidente do Lobelle asinaron un convenio para a promoción do fúltbol sala
O Concelleiro de Deportes, Manuel Portas, e o presidente do Club A. Lobelle de Santiago, José Antonio Lobelle, asinaron onte 15 de setembro, un convenio de colaboración para a promoción do deporte do fútbol sala de maior nivel da cidade.