ACCIÓN CULTURAL
Maxia e clown en Verán na Rúa co "Laboratorio máxico" de Mandarina
O espectáculo Laboratorio máxico, da compañía Mundo Mandarina, estará este mércores 19 de agosto, ás 19:30 horas, na praza de San Martiño Pinario, con entrada de balde. Con esta función, dirixida a todos os públicos, continúa o programa Verán na rúa.
ACCIÓN CULTURAL
Verán na Rúa entra na terceira semana de programación con acrobacias, maxia e circo
O programa Verán na rúa, da Concellaría de Acción Cultural, entra na terceira semana de programación con acrobacias, maxia e circo. Este martes 18 de agosto, ás 19:30 horas, na praza da Quintana, a compañía Desastronauts presenta o espectáculo Un tonto no aire.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica as obras de rehabilitación do palacete da finca do Espiño
A Xunta de Goberno adxudicou na súa sesión ordinaria deste venres as obras de rehabilitación do palacete do Espiño para a súa recuperación como equipamento municipal, por un importe de 869.910 euros. Segundo indicou o alcalde, Martiño Noriega, o uso definitivo que terá o edificio decidirase nos vindeiros meses, apuntando posibilidades como o sociocultural ou o administrativo.
ALCALDÍA
María Rozas recolleu a medalla de ouro concedida ao Concello de Santiago polo Curso Internacional "Música en Compostela"
A primeira tenente de alcalde, María Rozas, recibiu a medalla de honra e o diploma de recoñecemento concedidos ao Concello de Santiago polo Curso Universitario Internacional Música en Compostela.
ALCALDÍA
O Concello estudará o irmandamento de Santiago con Pistoia (Italia)
O alcalde, Martiño Noriega, reuniuse no Pazo de Raxoi co deán da Catedral de Santiago, Segundo Pérez e co director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, que o informaron, respectivamente, da solicitude de irmandamento da cidade italiana de Pistoia e da marcha das obras da Catedral.
ACCIÓN CULTURAL
Paula Quintas e Marta Alonso mesturan danza, circo e humor en "Up2Down"
O programa Verán na rúa, que a Concellaría de Acción Cultural pon en marcha neste mes de agosto, chega ao seu ecuador coa actuación da compañía galega trasPediante. Será este xoves, ás 19:30 horas, na praza da Quintana. Se o tempo no é propicio, o espectáculo pasará ao Teatro Principal. A entrada é de balde.
ALCALDÍA
Martiño Noriega escoitou as demandas da Asociación de Veciños de Guadalupe
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, segue a súa rolda de contactos coas diferentes entidades veciñais. Desta vez reuniuse coa Asociación de Veciños de Guadalupe.
ACCIÓN CULTURAL
A pallasa italiana Fran Martó convídanos ao espectáculo "Rinse & Spin"
A programación de Verán na rúa continua a encher de risas e de complicidade as rúas e prazas de Santiago de Compostela. Este mércores, ás 19:30 horas, na praza de San Martiño Pinario, con entrada de balde, a pallasa e malabarista italiana Fran Martó presenta Rinse & Spin.
ACCIÓN CULTURAL
Volven as Noites Curtas o 2 e o 9 de setembro como anticipo da XII edición de Curtocircuíto
O alcalde de Santiago e presidente do Consello Reitor do Auditorio de Galicia, Martiño Noriega Sánchez asinou o contrato de dirección do XII Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, con Pela del Álamo, realizador e produtor de recoñecido prestixio, que repite por terceiro ano consecutivo.
ACCIÓN CULTURAL
Pistacatro Produtora de Soños presenta "Fair Play" nunha nova xornada de Verán na Rúa
Nova xornada do programa Verán na rúa. Este martes 11 de agosto, ás 19:30 horas, na praza da Quintana, Pistacatro Produtora de Soños presenta Fair Play, un espectáculo que forma parte do circuíto cultural e de lecer Cultura no Camiño, promovido pola Xunta de Galicia con motivo do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela e patrocinado por Turismo de Galicia e Agadic.