ALCALDÍA

Sánchez Bugallo:"No tema de Bando atopamos o camiño que nos dá a solución"

05/10/2006

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou a súa satisfacción pola reunión mantida co secretario de Estado de Defensa, Francisco Pardo Piqueras, e co director xeral de Infraestruturas de Defensa, Julián Sánchez Pingarrón, na que se avanzou na decisión sobre os terreos de Bando. "Atopamos o camiño que nos dá a solución", apuntou, despois das discrepancias xurdidas entre a taxación feita polos técnicos do Concello e os do Ministerio.

Leer más

ALCALDÍA

Santiago de Compostela terá unha rúa en Bilbao

05/10/2006

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurará o venres 6 en Bilbao, xunto co rexedor bilbaíno, Iñaky Azkuna, a rúa "Santiago de Compostela". Deste xeito, ámbalas dúas urbes quedan unidas de forma simbólica: Santiago estará presente no rueiro de Bilbao e viceversa, porque unha rúa compostelá, situada na nova urbanización entre a Choupana e Mestre Mateo e aínda non inaugurada oficialmente, leva o nome da cidade biscaíña, tal como aprobou o Pleno da...

Leer más

CULTURA

Oportunidade para coñecer os programas de títeres do Museo Nacional Reina Sofía

05/10/2006

Dentro da programación do Festival Internacional de Títeres "Galicreques 2006", chega a Compostela o actor, titiriteiro, escenógrafo e creador de títeres, Juan Manuel Recover. Dirixe a compañía Teatro de la Luna, que se encarga dos programa para títeres do Museo Nacional de Arte Reina Sofía. Falará deles e da súa experiencia traballando para a infancia, formando parte dos encontros coa arte contemporánea e colaborando para crear hábitos culturais entre os máis pequenos.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

A Trisca presenta "Domani Lavoro", de Paco Rocha

05/10/2006

O Centro Sociocultural A Trisca inaugura o venres 6 de outubro, ás 20.00 horas, a exposición Domani Lavoro, do fotógrafo santiagués Paco Rocha. Esta exposición estará aberta ao público ata o 30 de outubro. Na realización deste proxecto expositivo colaborou a tenda Zürich-SCQ, e a marca de película Rollei.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde recibiu ao Cónsul Xeral de Francia en Bilbao

05/10/2006

A Casa do Concello recibiu a visita do Cónsul Xeral de Francia en Bilbao, Thierry Frayssé, que foi recibido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. A de Bilbao é a circunscripción consular que abrangue todo o norte peninsular, Galicia incluída.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago e o Colexio de Arquitectos de Galicia colaboran na política de Rehabilitación do Casco Histórico

04/10/2006

O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Celestino García Braña, asinaron un convenio de colaboración polo que os arquitectos colexiados poderán acollerse ás bolsas destinadas a realizar diversas actuacións dentro dos programas de axuda á Rehabilitación na Cidade Histórica promovidos polo Consorcio de Santiago.

Leer más

EDUCACIÓN

Compostela celebra do Día Mundial das Aves

04/10/2006

A Sociedade Galega de Historia Natural, en colaboración coa Concellaría de Educación e Mocidade, celebra o Día Internacional das Aves, o 5 de outubro, cun programa de actividades. Contribuír a unha maior sensibilización da poboación sobre o medio ambiente é o obxectivo desta iniciativa.

Leer más
Compartir: