ALCALDÍA
A Volta a España traerá tamén a Santiago un percorrido ciclista para os máis pequenos e un parque de lecer na Alameda
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentaron a programación de actividades previstas con motivo do remate na cidade da Volta Ciclista a España o 14 de setembro. Haberá unha Volta Junior, un parque de lecer durante dous días na Alameda, un espectáculo de imaxes, luz e son no Obradoiro e un concerto de Russian Red.
ALCALDÍA
Agustín Hernández continuou a rolda de contactos coas asociacións veciñais cos representantes da Rocha e de Conxo
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, reuniuse cos integrantes da Asociación de Veciños Serafín Zas, do barrio da Rocha, e coa Asociación Conxo Aberto.
CULTURA
Ytuquepintas presenta "Soños de area"
Verán na rúa continúa nas prazas de Compostela. Este mércores 27, se o tempo o permite Soños de area co catalán Ytuquepintas. Será ás 22:00 horas na praza da Quintana.
ALCALDÍA
O alcalde deu a benvida a Santiago de Compostela aos participantes na XXIII Comisión Internacional de Óptica
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, saudou no Hostal dos Reis Católicos os participantes na Comisión Internacional de Óptica, que se celebra en Santiago entre o 26 e o 29 de agosto baixo o lema "Iluminando o futuro".
TURISMO
Compostela Gastronómica contará con Mario Sandoval, Premio Nacional de Gastronomía
A nova Aula Gastronómica do Mercado de Abastos de Santiago acollerá do 19 o 28 de setembro as xornadas de Compostela Gastronómica dirixidas ao sector profesional da cidade. As xornadas estarán impartidas por algúns dos máis recoñecidos e premiados xefes de cociña galegos e españois.
ALCALDÍA
O alcalde acompañou o presidente español e a chanceler alemá na súa visita á Catedral
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, acompañou dende a praza do Obradoiro o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e a chanceler alemá Angela Merkel, na visita que realizaron á Catedral.
ALCALDÍA
Agustín Hernandez reuniuse coas asociacións de veciños de Meixonfrío e da Gracia
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, continúa a rolda de contactos coas diferentes entidades veciñais. Desta vez foron a Asociación de Veciños da Gracia e a Asociación de Veciños Casa Agraria, de Meixonfrío, as que pasaron polo Pazo de Raxoi.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Licitadas a segunda fase das obras de mellora do barrio de Vista Alegre e a reurbanización de Carretas
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 14 de agosto publicou a licitación das obras de mellora de mobilidade e accesibilidade do barrio de Vista Alegre, así como a da reurbanización da rúa Carretas. Os interesados teñen un prazo de 26 días naturais para presentar as súas propostas.
ALCALDÍA
O alcalde asistiu en San Lázaro ao primeiro partido de liga da S.D. Compostela
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, e a concelleira de Deportes, María José Corral, asistiron no estadio de San Lázaro ao partido que disputaron a S.D. Compostela e o Burgos C.F, correspondente á primeira xornada da temporada en Segunda B. O equipo local impúxose por 2-0.
DEPORTES
Ábrese o prazo de solicitude de subvencións aos clubs deportivos federados
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicaba onte xoves as bases da convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado correspondentes ao exercicio 2014. Ábrese así dende hoxe e por un prazo de 20 días naturais (ata o 10 de setembro) o prazo de presentación de solicitudes para unha convocatoria á que o Concello destina un total de 200.000 euros.