BENESTAR SOCIAL
O proxecto Barrios Abertos promove a integración social e cultural dos inmigrantes de Compostela
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, presentou en rolda de prensa o proxecto Barrios Abertos, que busca promover a integracións dos inmigrantes na vida asociativa de barrios como Fontiñas ou San Pedro.
NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA
O venres 2 de maio remata o prazo para participar no I Concurso de vídeo-creación para centros de ensino
A concellería de Normalización Lingüística convoca o I Concurso de vídeo-creación no que poderán participar alumnos dos centros de ensino galegos. A temática dos audiovisuais xirará en torno á promoción do uso da lingua galega en calquera ámbito e con calquera focaxe. O prazo para inscribirse remata este venres 2 de maio.
ALCALDÍA
O alcalde pide á FEMP que emita ditame e faga seguimento do Anteproxecto de lei orgánica do poder xudicial
O alcalde compostelán, Ángel Currás, interviu no Consello territorial da Federación Española de Municipios, a quen lle solicitou un seguimento do Anteproxecto de lei orgánica do poder xudicial.
ALCALDÍA
Compostela celebra os IX Premios Galicia de Periodismo Deportivo
Un ano máis Santiago de Compostela acolle unha nova edición duns premios que recoñecen o labor do xornalismo deportivo da nosa comunidade. Ao acto asistiron o alcalde de Santiago, Ángel Currás, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Comezan as visitas guiadas ao castelo da Rocha Forte
A concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, presentou en rolda de prensa o programa de visitas guiadas a este importante xacemento arqueolóxico, que comeza no mes de maio para os escolares e en xuño para a cidadanía en xeral.
TURISMO
Santiago acollerá o 6,7 e 8 de xuño aos afeccionados do Patchwork
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, presentou en rolda de prensa o V Festival de Patchwork en Galicia, unha técnica de costura que ano a ano gaña adeptos e que alcanzou a denominación de arte. Consiste en crear mantas a base de retazos de outras telas.
PLENO
Elixidos os membros das mesas electorais por mor das eleccións ao Parlamento Europeo
O Concello acolleu a celebración do pleno extraordinario para a designación de membros nas mesas electorais con motivo das próximas eleccións ao Parlameto Europeo o 25 de maio.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
O entorno da Rocha acolle o segundo encontro do programa "Vive, Vivencias, Vivamos"
O concelleiro Francisco Noya participou nunha das xornadas pertencente ao novidoso proxecto co que a Área de Participación Cidadá quere promover o encontro e o intercambio cultural de forma accesible entre os cidadáns de Compostela.
BENESTAR SOCIAL
As Cancelas celebrou este sábado actividades para todos os públicos
A concelleira María Castelao asistiu á entrega de premios "Coñece o teu Concello" e á festa aniversario do Club de Celi. Ademáis estivo na exhibición de breakdance para promocionar a posta en marcha da escola municipal desta especialidade.
RELACIÓNS VECIÑAIS
Concedidas todas as excursións solicitadas polas entidades veciñais dentro do programa " Imos coa Asociación"
Rematou o prazo para que as asociacións de veciños de ámbito rural e da periferia de Santiago solicitaran participar no programa "Imos coa asociación" promovido pola Concellaría de Relacións Veciñais.