SANIDADE

O doutor Tojo Sierra abre o primeiro ciclo de conferencias Alimentación e Saúde que organiza a concellaría de Sanidade

27/11/2006

O profesor, e doutor do Hospital Clínico, Rafael Tojo Sierra dará mañá unha conferencia ás 20.00 h. no Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche. A charla, na que Tojo falará sobre recomendacións nutricionais para a infancia e a adolescencia e a prevención da obesidade, inaugura o 1º Ciclo de Conferencias Alimentación e Saúde que organiza a Concellaría de Sanidade e Consumo do Concello de Santiago. O departamento de Sanidade busca achegarse aos mitos e realidade da alimentación actual e pretende informar...

Leer más

ALCALDÍA

Bilbao xa ten unha avenida en Compostela

24/11/2006

No acto de inauguración da avenida que leva o nome da cidade vasca, o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, estivo acompañado polo rexedor de Bilbao, Iñaki Azkuna.

Leer más

DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A erradicación da violencia de xénero, "un traballo conxunto" de homes e mulleres

24/11/2006

Nun acto celebrado na praza do Toural, a xornalista Irene Lourido leu un manifesto chamando pola "unión" de homes e mulleres para erradicar a violencia de xénero. Mentres, un grupo de compañeiros tamén xornalistas, en representación das vítimas, ían pendurando do Pazo de Bendaña frases de sensibilización en resposta a algunhas das actitudes machistas máis frecuentes.

Leer más

SANIDADE

Bugallo inaugura un simpsio contra o cancro

24/11/2006

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou esta tarde un simposio no que se analizarán os resultados médicos obtidos nas terapias de tratamentos de cancro que introducen o taxano como principio activo nas sesións de quimioterapia.

Leer más

CONGRESO DE URBANISMO

"O urbanismo converteuse nunha alternativa de investimento"

23/11/2006

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, foi o encargado de inaugurar o I Congreso Internacional de Territorio e Urbanismo. O encontro reúne en Compostela durante tres días a expertos de distintas disciplinas para debater sobre a planificación do territorio.

Leer más
Compartir: