ALCALDÍA
Asinado o convenio entre o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña para o financiamento do Womex 2016
O alcalde de Santiago e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre o Concello e o organismo provincial para o financiamento do Womex 2016. O acordo supón que a Deputación fará unha achega de 215.000 euros para a celebración da feira, en dous prazos.
CONCELLO
O Concello expresa a súa solidariedade coas vítimas do terremoto do centro de Italia
O Concello de Santiago manifestou hoxe a súa solidariedade coas vítimas do terremoto rexistrado en varias localidades do centro de Italia, que lle custou a vida a case 250 persoas segundo as últimas estimacións.
IGUALDADE
O Concello lanza unha guía de linguaxe non sexista nas actuacións administrativas
A concelleira de Igualdade, Marta Lois, e a psicóloga responsable do Centro de Información á Muller, Dolores Lajos, presentaron unha campaña de promoción da linguaxe non sexista posta en marcha polo Concello e destinada ao seu persoal. O material principal é unha guía que reflicte unha serie de recomendacións sobre a linguaxe non discriminatoria e non sexista, coa finalidade de utilizala nas actuacións administrativas, así como nas publicacións, anuncios e escritos.
ACCIÓN CULTURAL E TURISMO
Santiago acollerá en novembro o I Encontro de Cadernos de Viaxe "Compostela Ilustrada"
Debuxantes de prestixio internacional vanse reunir en Santiago do 10 ao 13 de novembro, para recrear Compostela dunha maneira orixinal e diferente nos seus cadernos de viaxe. Será no marco do I Encontro Compostela Ilustrada, que hoxe presentaron o alcalde, Martiño Noriega; o director do evento, Miguelanxo Prado; a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois; e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
O mercadiño de Salgueiriños celebra a segunda xornada de "Efecto Proximidade" con contacontos e música
Este xoves 25 de agosto terá lugar a segunda xornada de Efecto Proximidade no mercado de Salgueiriños. Esta proposta enmárcase na axenda do Concello para promover o desenvolvemento económico e social dos mercados de Compostela e pretende conxugar elementos lúdicos, artísticos, formativos e gastronómicos coa creación de dinámicas de desenvolvemento do mercado de Salgueiriños tendo en conta aos actores e axentes locais.
TURISMO
A cidade vive o mellor mes de xullo en pernoctacións da última década polo crecemento do turismo doméstico
Os datos do INE do mes de xullo confirman a boa evolución do sector turístico na cidade en relación ás pernoctacións. En especial, confirman a recuperación da demanda doméstica, que sufriu un claro retroceso e estancamento dende o comezo da crise económica no 2008. No pasado mes sumáronse 172.842 pernoctacións, cun crecemento do 12,79% respecto ao mes de xullo do ano pasado. É a mellor cifra de pernoctacións no mes de xullo da última década, por riba das cifras do Ano Santo 2010, cando houbo...
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Os comedores escolares estarán atendidos por monitores durante máis tempo e o servizo será avalado por unha nutricionista
O concelleiro de Educación e Cidadanía deu conta hoxe de todos os detalles da adxudicación do servizo de comedores escolares á empresa Serunión, despois de que a Xunta de Goberno dera onte o último paso neste procedemento, coa aprobación dos prezos públicos dos almorzos e xantares. O edil adiantou tamén que se están organizando unhas xornadas específicas para debater sobre o modelo de comedores.
TURISMO
O Concello aposta polo turismo familiar con Pokésan, mapa de poképaradas e ximnasios de Santiago de Compostela
A concelleira de Turismo, Marta Lois, presentou Pokésan, novo proxecto de Turismo de Santiago dirixido a fomentar o turismo familiar na cidade aproveitando as posibilidades que abre Pokémon Go, un fenómeno de masas global cunha gran penetración entre rapaces e rapazas de entre 13 e 17 anos. A concelleira estivo acompañada polo responsable do desenvolvemento informático de Pokésan, Camilo Ameijeiras.
ALCALDÍA
Martiño Noriega reúnese coa conselleira de Medio Rural para coordinar actuacións en relación ao incendio de Fecha
O alcalde reuníuse hoxe coa conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, co obxectivo de coordinar actuacións en relación ao grave incendio rexistrado nas parroquias compostelás de San Xoán e Santa Cristina de Fecha. Martiño Noriega e a conselleira xa mantiveran un primeiro contacto a semana pasada, no que a responsable de Medio Rural adiantou a súa vontade de reunirse tamén cos representantes veciñais e cos afectados.
TURISMO
Renfe e Iberia ofertan prezos especiais para asistir en Santiago ao festival WOS
A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a responsable de comunicación do WOS Festival, Ánxela Baltar, presentaron no Pazo de Raxoi os prezos especiais que ofertan Renfe e Iberia para as persoas que asistan ao evento, que se celebrará en Santiago do 7 ao 11 de setembro. Turismo de Santiago colaborou coa organización do WOS na consecución destes descontos.