DEPORTES
O domingo 28 remata o prazo para inscribirse na San Silvestre de Compostela
Ás 22.00 horas do domingo 28 remata o prazo para participar na segunda edición da San Silvestre de Santiago, unha proba que pretender culminar dunha forma sa e festiva o ano atlético na cidade. A carreira celebrarase o mércores 31 de decembro ás 18.00 horas, cun percorrido renovado e máis atractivo: con saída na Porta dos Leóns da Alameda e chegada na Praza do Obradoiro. Espérase a participación de máis de 1000 atletas, superando os 700 da pasada edición.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago conclúe as obras na igrexa de San Miguel dos Agros, centradas na reparación da cuberta e das fachadas laterais
As patoloxías existentes permitían a entrada de auga, coa aparición de humidade no baixo cuberta e no interior do templo. O orzamento global dos traballos ascendeu aos 67.215,50 euros.
NADAL
A Árbore de Nadal decorada polos composteláns xa loce na praza Roxa
A Árbore das ilusións decorada cos adornos feitos polos veciños e veciñas de Compostela xa loce en todo o seu esplendor no Ensanche de Santiago. Os elementos decorativos tamén se colocaron pola praza Roxa.
PLENO
A Corporación outorga a medalla de Ouro da Cidade e o título de Fillo Adoptivo a Salvador García-Bodaño
O Pleno ordinario celebrado hoxe pola Corporación Municipal acordou por unanimidade a concesión da Medalla de Ouro da cidade e do título de Fillo Adoptivo ao escritor Salvador García-Bodaño, en recoñecemento á súa relevancia literaria e intelectual e pola súa implicación na vida cultural de Compostela e de Galicia.
COMERCIO
Rogelio Pérez, a parroquia de San Cristovo do Eixo e La Reina de Saba gañan os concursos de Beléns e de Ambientación de Nadal
Xa se coñecen os gañadores do Concurso de Beléns e do de Ambientación de Nadal que este ano celebra a súa terceira edición. Os premiadaos recibirán o seu agasallo o vindeiro luns no Pazo de Raxoi.
ALCALDÍA
Compostela rende homenaxe a un dos seus fillos ilustres, Montero Ríos
A praza de Mazarelos acolleu a ofrenda-homenaxe que a cidade lle quixo rendir a un dos seus fillos ilustres, como salientou o alcalde, que presidiu o acto. Foi un acto conxunto de entidades e institucións representativas de Santiago que acordaron conmemorar o cabodano centenario de Montero Ríos co obxecto de difundir entre a cidadanía a súa vida e obra.
ALCALDÍA
SabadellGallego entrega o premio de 3.000 euros da campaña Cremos en Santiago
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, acompañou aos representantes de SabadellGAllego na entrega do premio, que tivo lugar no Salón Vermello da Casa do Concello.
COMERCIO
Publícase unha guía do Mercado de Abastos de Santiago, o segundo lugar máis visitado da cidade tras a Catedral
O volume achega unha selección de fotos históricas e imaxes actuais que amosan a ampla oferta da Praza en todo tipo de produtos. Os textos están en galego, castelán e inglés para facer o libro tamén accesible a un amplo colectivo de turistas. No acto estivo presente a concelleira de Comercio, Reyes Leis.
DEPORTES
O Campus de Fútbol Vero Boquete celebra a súa cuarta edición do 26 ao 28 de decembro
O Campus de Fútbol Vero Boquete alcanza a cuarta edición. A súa protagonista e a concelleira de Deportes, María Corral, presentaron este campamento en rolda de prensa, que se celebrará do 26 ao 28 de decembro.
NADAL
A pista de xeo será de balde os días 24 e 31 de decembro
O Concello de Santiago abrirá as portas da pista de xeo de forma gratuíta os días 24 e 31 deste mes de decembro para que todos aqueles que queiran achegarse ata a Alameda poidan disfrutar da pista en dúas datas sinaladas. Será en horario continuo de 10:00 a 19:30 horas.