POLICÍA LOCAL

A Policía Local celebrará súa festividade, o Anxo da Garda

23/02/2006

O sábado 4 de marzo a Policía Local celebrará o seu patrón, o Santo Ánxo da Garda. Con tal motivo farase entrega da Medalla do Corpo da Policía Local coa que se recoñece o traballo aos membros do corpo que destacaron polo súa exemplar conduta durante a súa vida profesional.

Leer más

ALCALDÍA

O embaixador de Portugal en España visita Compostela

22/02/2006

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no Pazo de Raxoi ao embaixador de Portugal en España, José Filipe Morais Cabral, quen realiza unha visita institucional a Galicia. O embaixador acudiu acompañado pola cónsul xeral de Portugal en Vigo, María Regina Flor y Almeida.

Leer más

ALCALDÍA

A nova estación intermodal de Renfe perfila o seu proxecto

21/02/2006

O proxecto da futura Ordenación Funcional da Estación de Ferrocarril de Santiago de Compostela contempla a entrada do AVE na capital de Galicia, a incorporación da Estación de Autobuses, a nova Estación Intermodal, o intercambiador de transportes, e zona e aparcamentos con capacidade para 2.000 prazas, así como a ordenación doutros usos que permitan axudar a financiar o proxecto.

Leer más
Compartir: