ALCALDÍA
Martiño Noriega reitera a necesidade de manter os vencellos da colectividade galega no exterior coas súas raíces
05/08/2016
Leer más
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, recibiron unha delegación do Centro Galicia de Bos Aires e do Instituto Argentino-Gallego "Santiago Apóstolo". Esta visita institucional devolvía a realizada polo rexedor municipal en abril á capital arxentina con motivo da presenza de Santiago como cidade convidada na Feira do Libro de Bos Aires.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello iniciará o acondicionamento do edificio que albergará a Casa das Mulleres
05/08/2016
Leer más
A Xunta de Goberno Local deu luz verde esta mañá á aprobación do proxecto básico e de execución de acondicionamento do antigo local de Emuvissa que albergará a Casa das Mulleres.