BENESTAR ANIMAL
A Fundación Refuxio de Animais organiza a VII edición do "MiniCanmiño"
A Fundación Refuxio de Animais de Bando organiza o próximo sábado 2 de xullo a sétima edición do MiniCanmiño, unha singular peregrinación que ten como obxectivo concienciar á cidadanía sobre o abandono de animais.
ALCALDÍA
Martiño Noriega recibiu o embaixador británico en España, Simon Manley
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu o embaixador británico en España, Simon Manley.
FACENDA
Constituído o grupo motor que dirixirá o proceso dos orzamentos participativos
O martes pola tarde quedou constituído o grupo motor que dirixirá o proceso de orzamentos participativos para o 2017. Na primeira xuntanza participaron 70 persoas, entre colectivos veciñais, tecido asociativo, partidos políticos (que conforman o Consello de Relacións Veciñais) e cidadáns e cidadás a título individual.
CONCENTRACIÓN
Minuto de silencio na praza do Obradoiro polo atentado en Estambul
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración na que se gardou un minuto de silencio polo atentado acontecido onte no aeroporto de Estambul.
ACCIÓN CULTURAL
Teatro del Arte presenta "Luciérnagas", sobre un texto de Carolina Román
Despois da exitosa En construcción, escrita e protagonizada por Carolina Román e Nelson Dante e dirixida por Tristán Ulloa, e que puidemos ver en Compostela, Carolina Román presenta agora un novo texto: Luciérnagas. Da man de Teatro del Arte e protagonizado por Carmen Gutiérrez, Fede Rey e Jaime Reynolds, poderemos velo este xoves 30 de xuño e de novo o venres 1 de xullo, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.
CONVIVENCIA
Moito Olliño visita o Hospital Clínico
A Policía Local de Santiago segue traballando para que os condutores do futuro sexan condutores precavidos. Esta mañá, o seu programa de educación viaria chegou ao Hospital Clínico, onde a mascota Moito Olliño visitou a escola infantil do centro, á que acoden os nenos e nenas ingresados, e tamén o centro no que son atendidos os fillos e fillas do persoal do CHUS.
ACCIÓN CULTURAL
Ultimate Painting e El Monstruo, protagonistas da inauguración do "TerraZeando. Ciclo de concertos ao fresco"
Os sofisticados británicos Ultimate Painting e os galegos El Monstruo protagonizan o concerto inaugural do TerraZeando. Ciclo de concertos ao fresco, organizado pola asociación Desconcierto Cultural coa colaboración do Concello de Santiago. Será mañá xoves, a partir das 20:00 horas, no Parque Eugenio Granell, nunha actividade na que participan tamén o Resas, o bar do propio parque Eugenio Granell. Despois haberá unha sesión de música con Isaac Torgal. A entrada é libre.
MOBILIDADE
O 1 de xullo entran en vigor os horarios de verán no servizo de transporte urbano
Como cada ano, o vindeiro 1 de xullo entrarán en vigor os horarios de verán no servizo de transporte urbano. Este ano non haberá ningunha modificación con respecto ao pasado período estival, no que xa se fixera unha clara aposta pola mellora nas frecuencias no rural co aumento de servizos na liña P3 (Santa Lucía), na liña 6 e na liña P1 (Figueiras).