CONVIVENCIA
O Concello mellora a seguridade viaria no contorno do IES Xelmírez II
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia deu conta hoxe das medidas postas en marcha polo seu Departamento para mellorar a seguridade viaria no contorno do IES Xelmírez II. Fíxoo acompañado pola directora do centro, por varios profesores, e por un grupo de estudantes autores dun traballo no que propoñían boa parte das medidas agora implantadas.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago súmase á celebración do Día do Orgullo LGTBI
O Concello de Santiago quixo sumarse ao Día do Orgullo LGTBI coa celebración de diferentes actos no que estiveron presentes varios membros da Corporación e da sociedade civil.
CONSORCIO
O Consorcio adxudica as obras de limpeza do ciborio da igrexa de San Martiño Pinario
O Consorcio de Santiago acaba de adxudicar as obras de limpeza do ciborio da igrexa de San Martiño Pinario á empresa Obras Gallaecia, S.L. O orzamento global desta intervención ascenderá aos 85.207,41 euros.
CONSORCIO
A Escola de Altos Estudos Musicais realizará novas probas en setembro para cubrir catro prazas do curso de especialización orquestral
Un total de 155 rapaces e rapazas presentáronse ás probas de selección para acceder a algunha das 18 prazas ofertadas para o novo curso 2016-2017 dentro do Curso Avanzado de Especialización Orquestral impartido pola Escola de Altos Estudos Musicais: 6 prazas para violín, 2 para viola, 2 para violoncello e 1 praza para as especialidades de contrabaixo, óboe, frauta, clarinete, fagot, trompa, trompeta e percusión.