XUNTA DE GOBERNO
Aprobada a cesión de tres pisos a FEAFES para acoller a persoas sen teito
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o convenio para a cesión de tres vivendas á Federación de Asociacións de Familiares de Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia (Feafes), que serán utilizadas por persoas sen teito que se atopen nunha situación severa de exclusión social.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Publicadas as listas definitivas de admitidos, excluídos e de agarda nas escolas infantís de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños
A Xunta de Goberno aprobou as listaxes definitivas de admitidos, excluídos e listas de agarda nas escolas infantís municipais de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2016-2017. Entre o día 1 e o 15 de xuño, as familias con nenos e nenas que teñan adxudicada unha praza para este curso escolar 2016-2017 deberán achegarse á escola infantil correspondente para proceder á formalización da matrícula.
COMERCIO
Finaliza a primeira fase do Plan Estratéxico de Comercio 2016-2019 coa realización dunha rolda de entrevistas con axentes do sector
O Plan Estratéxico de Comercio 2016-2019 entra na súa segunda fase despois de que a Concellaría de Desenvolvemento Económico dera por finalizadas as entrevistas a axentes e colectivos comerciais da cidade. É a primeira vez que se fai un plan totalmente participativo, onde o resultado será o conxunto das achegas realizadas polos axentes do sector.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu o concelleiro de Economía e Facenda de Madrid, Carlos Sánchez Mato
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu o concelleiro de Economía e Facenda do Concello de Madrid, Carlos Sánchez Mato.
LINGUA E ACCIÓN CULTURAL
O Panteón de Galegos Ilustres acolle este sábado o o acto central de conmemoración do centenario das Irmandades da Fala
O Concello de Santiago sumarase este sábado, 28 de maio, á celebración do centenario das Irmandades da Fala. Farao cun amplo programa de actividades e cun acto central no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, a partir das 19:30 horas.
CONVIVENCIA
A Xunta de Goberno dá o visto bo ás normas de seguridade para as cacharelas de San Xoán
A Xunta de Goberno aprobou hoxe as normas de xestión de permisos e de seguridade para as cacharelas de San Xoán, que se celebrarán na noite do 23 de xuño ou calquera outro día dese mes. O prazo para solicitar os permisos para as cacharelas e/ou sardiñadas estará aberto dende o día 1 de xuño ata o día 17, ás 14:00 horas. O modelo de solicitude está a dispor da cidadanía na Oficina de Atención ao Cidadán, na rúa Salvador Allende, ou nesta web.