XUNTA DE GOBERNO
O Concello de Santiago avanza cara a municipalización da ORA e do guindastre
A Xunta de Goberno acordou hoxe solicitarlle á empresa Tussa un estudo sobre a viabilidade de asumir a xestión directa da ORA e do guindastre. Trátase dun novo paso de cara á municipalización deses servizos públicos, despois de que os informes económicos e xurídicos encargados polo Executivo local avalaran esa posibilidade.
DEPORTE E TURISMO
Dous mil atletas populares tomarán as rúas de Compostela este sábado na SantYaGo10K
Este sábado celébrase a segunda edición de SantYaGo10K, a carreira nocturna de Santiago de Compostela, que reunirá a preto de 2.000 atletas populares de Santiago, Galicia e resto de España. A carreira comezará ás 22:30 horas en San Francisco. Os corredores comezarán a chegar á meta no Obradoiro a partires das 23:00 horas. A carreira repartirá máis de 1.700 euros en premios e 60 trofeos.
ALCALDÍA
Os traballadores municipais celebraron a festividade de Santa Rita de Casia
O alcalde compostelán, Martiño Noriega, recibiu no salón vermello os traballadores municipais, con motivo da celebración da súa patroa, Santa Rita de Casia.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Recepción ao alumnado estremeño do programa de intercambio co IV Ciclo da USC
O concelleiro de Educación, Manuel Dios, recibiu os estudantes do I Intercambio do Programa Universitario de Maiores do IV Ciclo da USC coa Universidade de Estremadura.
CONSORCIO
Alumnas e alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais de entre 5 e 14 anos darán un concerto mañá sábado no centro
Un total de 12 alumnas e alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais, con idades comprendidas entre os 5 e os 14 anos, darán un concerto este sábado no propio centro. Toca o violín e o violoncello e interpretarán obras individuais e de conxunto, baixo a batuta do director da Orquestra de Nenos da Sinfónica de Galicia, Jorge Montes.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno municipal duplica a partida para as bolsas de comedor escolar
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e a realización de actividades escolares. A partida para esas axudas será dun total de 360.000 euros. O alcalde salientou o incremento desta consignación, "que en 2015 era inicialmente de 135.000 euros e que o actual Executivo incrementou ata os 170.000". Ademais, Martiño Noriega explicou que, por vez primeira, concederanse axudas para a compra de material e para actividades extraescolares.