COMERCIO
Nace "Desafío Comercial SCQ", unha aplicación para coñecer a cara máis insólita dos comercios de Santiago
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou a aplicación para dispositivos móbiles que leva por nome Desafío Comercial SCQ. É un xogo posto en marcha dende o Departamento de Comercio que vén a complementar a campaña Comercios emblemáticos que desenvolvido o mes pasado.
TURISMO
"Compostela Ilustrada", un éxito para a proxección exterior da cidade
O I Encontro de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada superou as mellores expectativas do Concello. Desde o xoves 10 ata o domingo 13, o encontro reuniu en Santiago a máis de 200 debuxantes, que se sumaron aos obradoiros, quedadas e clases maxistrais incluídas no programa.
ACCIÓN CULTURAL
O actor Nathan Willcocks visita Cineuropa para presentar "Compte tes blessures", de Morgan Simon
Este martes, Cineuropa recibirá ao actor, director e produtor franco-galés Nathan Willcocks, que se achega ao festival para presentar Compte tes blessures, a ópera prima do novo e prometedor Morgan Simon. O filme céntrase en Vincent, un mozo que se atopa perdido entre un traballo que non lle gusta e unha complexa relación co pai.
CONSORCIO
O afamado trompetista valenciano Roberto Bodí formará neste instrumento a intérpretes galegos noveis
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes noveis. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. Este sábado contarase coa presenza do afamado trompetista valenciano Roberto Bodí. Ademais do alumnado da Escola, ofrécense prazas para músicos externos ao centro.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Oportunidade o vindeiro sábado para descubrir o patrimonio de Boisaca
Coincidindo coa celebración do mes de defuntos, o vindeiro sábado, 19 de novembro, está programada unha visita aberta para toda a cidadanía ao cemiterio de Boisaca. As prazas estarán limitadas a 20 por quenda, realizándose un itinerario pola mañá e outro pola tarde, con saída ás 11:30 e ás 16:00 horas de diante da capela. Esta actividade forma parte do programa Vivir Santiago, promovida pola Concellaría de Educación e Cidadanía.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia pon en directo a banda sonora ao filme mudo "Metrópolis"
No marco da 30ª edición do festival Cineuropa, o vindeiro xoves, 17 de novembro, proxectarase o filme Metrópolis, dirixido no ano 1927 por Fritz Lang e con música do compositor alemán Gottfried Hupperttz. Será ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia. De maneira simultánea á proxección desta película muda, a Real Filharmonía de Galicia interpretará en directo a banda sonora orixinal, baixo a batuta do director andaluz Manuel Coves. O filme e as partituras foron cedidas polo European Filme.../em>
COMERCIO E EDUCACIÓN
Como Pez en el Agua e Perruquería Adri´s, gañadores do concurso de escaparatismo do Samaín
O xurado do concurso de escaparatismo do Samaín, organizado polo Departamento de Comercio, vén de elixir os establecementos gañadores. Nesta primeira edición, o premio foi para Como Pez en el Agua (rúa de San Pedro, 79) e Perruquería Adri´s (rúa da Rosa, 38).
ACCIÓN CULTURAL
Atalaya teatro presenta "Marat-Sade", de Peter Weiss, dentro do ciclo Teatro & Danza
Coincidindo co cincuentenario da estrea da obra en español, Atalaya Teatro está xirando con Marat-Sade, de Peter Weiss, con dirección e dramaturxia de Ricardo Iniesta, por Cataluña, Andalucía e Galicia. Chegarán a Compostela o vindeiro sábado, 19 de novembro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia. As entradas teñen un prezo de 12 euros (cos descontos do 50% para os colectivos habituais) e poden mercarse xa no despacho de billetes do Teatro Principal, no 902 434 443 ou en
ACCIÓN CULTURAL
Os directores Alberto Morais e Albert Serra presentaron en Cineuropa os seus últimos filmes
Este luns pasou polo festival Cineuropa o director Alberto Morais para presentar o seu último filme, La madre no Salón Teatro. Á mesma hora, no Teatro Principal, Albert Serra, Premio Cineuropa en 2012, conversou co público sobre a súa película La mort de Louis XIV.