ALCALDÍA
O Concello de Santiago e a Mesa pola Normalización Lingüística recuperan a normalidade nas súas relacións
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse co presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira. Do encontro saíu o compromiso de normalizar a relación entre o Concello e esta plataforma.
ALCALDÍA
Encontro de Martiño Noriega coa presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse coa presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, no Pazo do Hórreo.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu a Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela
O alcalde recibiu hoxe á directiva da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela nun primeiro encontro para coñecer ao colectivo e as súas actividades. O presidente da APSC, Luis Menéndez, solicitoulle a Martiño Noriega o seu respaldo para a creación de Centro de Prensa Compostela.
ALCALDÍA
Os alcaldes de Santiago e Vedra abordan os problemas en común dos seus concellos
Seguindo coa ronda de contactos que vén mantendo cos alcaldes da comarca, Martiño Noriega recibiu hoxe no Pazo de Raxoi ao rexedor de Vedra, Carlos Martínez.
ESPAZOS CIDADÁNS
Jorge Duarte convocou os voceiros do PP, PSOE e BNG para unha primeira comisión informativa sobre infraestruturas
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, impulsou a primeira comisión informativa sobre infraestruturas cos voceiros do PP, Agustín Hernández; do PSdeG-PSOE, Paco Reyes e do BNG, Rubén Cela, celebrada esta mañá. A reunión durou unha hora e corenta minutos. Cada mes celebrarase unha comisión informativa sobre esta materia, sendo a de hoxe a primeira das xuntanzas.
ACCIÓN CULTURAL
Roderick Williams e Roger Vignoles clausuran o XVI Ciclo de Lied
A XVI edición do Ciclo de Lied chega ese martes 29 de setembro ao seu fin. Faino cun concerto no que poderemos escoitar ao barítono británico Roderick Williams, acompañado ao piano por Roger Vignoles, codirector artístico do ciclo. Será no Teatro Principal a partir das 20:30 horas. As entradas teñen un prezo de 8 euros e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal de 18:00 a 21:00 h, en entradas.abanca.com ou no 902 434 443.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello de Santiago comprométese coa asociación 7 Cores a poñer en marcha medidas contra a LGTBI fobia
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, reuniuse esta mañá co coordinador da asociación 7 Cores, Gonzalo Diz, para poñer en marcha medidas contra a LGTBI fobia aprobadas no Pleno municipal.
FACENDA
María Rozas reúnese co voceiro do PSdG-PSOE, Paco Reyes, para trasladarlle a proposta de ordenanzas fiscais
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, reuniuse co voceiro do grupo municipal do PSdG-POSE, Paco Reyes, ao que lle trasladou a proposta do Goberno local sobre as ordenanzas fiscais relativas aos impostos de devindicación anual do próximo exercicio.