ACCIÓN CULTURAL
Ghazafellos presenta "As mil e unha noites" na última semana de Verán na Rúa
A compañía galega Ghazafellos presenta este martes 25 de agosto o seu espectáculo de teatro de rúa As mil e unha noites. Será con entrada libre, a partir das 19:30 horas, na praza da Quintana, dentro do festival Verán na rúa. Este programa finalizará esta semana co Mago Romarís o mércores en San Martiño Pinario e Bamb-alas o xoves na praza da Quintana.
XUNTA DE GOBERNO
O obradoiro "Ecotur Xuvenil" permitirá formar e contratar a 34 persoas e acondicionar as sendas peonís de Galeras, Ponte Albar e Brañas do Sar
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, deu conta en rolda de prensa dos asuntos tratados na última Xunta de Goberno, celebrada na mañá deste luns. Entre os puntos aprobados figura a aceptación dunha subvención da Consellería de Traballo e Benestar para a realización do obradoiro de emprego "Ecotur Xuvenil". Tamén se seu o visto bo inicial á listaxe provisional de autorizacións de venda ambulante no mercado de Salgueiriños.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago limpará e reparará a torre do campanario da igrexa da Peregrina, afectada pola entrada de auga
O Consorcio de Santiago vai limpar e reparar a torre do campanario da igrexa da Peregrina, situada na parroquia do mesmo nome. A intervención é urxente debido á importante entrada de auga no campanario e no seu contorno. Os traballos, cuxa duración estímase en tres meses, teñen un orzamento global de 40.574,59 euros.