CONSORCIO
Unha mostra reúne un centenar de fotografías de Ramón Sánchez Estalote, quen retratou a alma de Compostela durante seis décadas
Baixo o título Ramón Sánchez Estalote: memoria dun tempo, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de imaxes deste fotógrafo compostelán. A mostra repártese entre a Casa do Cabido (na praza das Praterías) e o Museo do Pobo Galego.
ACCIÓN CULTURAL
Pesca sen morte, obradoiros para bebés e unha saída ao parque acuático de Cerceda nunha nova semana de Vive o Verán
Continúan as actividades do programa Vive o verán,tanto coas Mañás de verán e de xogo nos centros socioculturais como con outras actividades que están sendo moi ben acollidas polo público.
CONVIVENCIA
A Policía Local achega o seu labor aos máis pequenos nos centros socioculturais
Co obxectivo de promover a educación en materia de seguridade viaria, dende a Concellaría de Convivencia e a través da Policía Local colabora en varias actividades dirixidas ao público infantil que participa nas Mañás de verán e de xogo dos centros socioculturais dentro do programa Vive o verán. Desta vez foron uns 30 nenos de entre 6 e 12 anos do CSC de Vite os que pasaron unha animada mañá coa Policía Local.
CONSORCIO
Dezaseis músicos lograron praza no curso de posgrao de Especialización Orquestral que imparte a Escola de Altos Estudos Musicais
A Escola de Altos Estudos Musicais, con sede en Santiago de Compostela, imparte o Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO), recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago. Diríxese a músicos instrumentistas con titulación superior que teñan como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra profesional. Naceu hai catro anos como unha experiencia pioneira en toda España.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu o presidente da Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu en Raxoi o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo.
ACCIÓN CULTURAL
Ars Atlántica interpreta "Rinaldo", de Haendel, no Festival Via Stellae
Ars Atlántica, dirixida polo compostelán Manuel Vilas, preséntanos unha versión da ópera de Haendel Rinaldo no Via Stellae. Será este mércores 8 de xullo, ás 20:00 horas, no Teatro Principal. As entradas para este concerto teñen un prezo de 6 euros (e está dentro do Bono do festival). Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas), en entradas.abanca.com ou no 902 434 443.