MEDIO RURAL
O Concello de Santiago súmase á defensa do sector lácteo de Galicia
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial, Rafael Peña, asistiron no edificio Cersia ao acto de constitución da Plataforma en Defensa do Sector Leiteiro de Galicia.
CONSORCIO
O Consorcio reparará a cuberta da igrexa de San Paio de Sabugueira, situada na Lavacolla
No marco das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo no patrimonio do termo municipal, e moi estreitamente relacionado coa cidade histórica e os Camiños de Santiago, vaise intervir na igrexa de San Paio de Sabugueira, situada na Lavacolla. Os traballos, cuxo orzamento global ascende aos 18.554,44 euros, centraranse en particular na cuberta do templo e está previsto que rematen no prazo de dous meses.
ACCIÓN CULTURAL
Gallaecia Antiqva ofrece un programa entre o Barroco e o Clasicismo no Via Stellae
O cuarteto Gallaecia Antiqva chega ao programa do Via Stellae na xornada deste martes 7 de xullo. Co programa Despois de Bach… camiño do Clasicismo poderemos escoitalos a partir das 20:30 horas na igrexa de San Fiz de Solovio. As entradas para o concerto son de balde previa retirada de invitacións no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas) e, de quedar algunha invitación, unha hora antes do comezo do concerto no propio lugar de celebración.
PLENO
Sen acordo no pleno de organización sobre o réxime de dedicacións exclusivas
Non houbo acordo entre os catro grupos municipais no Pleno de organización para a asignación das dedicacións exclusivas, tal como xa anunciara esta mañá o alcalde compostelán, Martiño Noriega, á saída da xunta de voceiros previa a esta sesión plenaria.