CONVIVENCIA
Protección Civil captura unha serpe bastarda no Parque Eugenio Granell
A Agrupación de Protección Civil de Santiago capturou unha serpe no parque Eugenio Granell, tras ser alertada da presenza do animal polos veciños do Restollal. Trátase dun exemplar de culebra bastarda ou Montpellier (Malpolon Monspessulanus).
PLENO
O Pleno aproba por unanimidade o réxime de dedicacións, persoal eventual e representación en organismos e comisións
O Pleno, en sesión extraordinaria, aprobou por unanimidade o réxime de dedicacións exclusivas e persoal eventual, que en palabras do alcalde, Martiño Noriega, suporá ao final da lexislatura un aforro de preto de 1,5 millóns de euros. Tamén se deu o visto bo á representación nos diferentes organismos e nas comisións informativas.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Programa de Apoio Socioeducativo axudará a mozos e mozas a organizar os seus estudos e mellorar así o seu rendemento académico
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou o Programa de Apoio Socioeducativo Verán 2015, dirixido a mozos e mozas de entre 11 e 16 anos, que se desenvolverá no Centro Sociocultural de Vite, de luns a xoves, de 10:00 a 13:00 horas. De existir demanda, tamén se realizaría no CSC da Trisca. Esta iniciativa forma parte do Programa de hábitos de vida saudable, promoción da saúde e prevención de drogas, promovido dende a Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD).
POLÍTICAS SOCIAIS
Arte urbana en Amor Ruibal para lembrar o pasado do barrio de Pontepedriña
Dentro do Programa de hábitos de vida saudable, promoción da saúde e prevención de drogas, promovido dende a Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD), estase a realizar un mural coa técnica do graffiti nun inmoble da rúa Amor Ruibal. A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernandez, presentou esta intervención, realizada por Mutante Creativo e NO3L e que estará rematada a finais desta semana.
CONSORCIO
O Consorcio intervirá no Auditorio de Galicia co fin de evitar as filtracións da auga da choiva ao interior do edificio
O Consorcio de Santiago vai intervir no Auditorio de Galicia co fin de eliminar as humidades nas cubertas dos corpos que conforman a sala de exposicións, a cociña e a cafetería do inmoble. Os traballos, destinados a garantir a estanquidade do edificio, levaraos a cabo a empresa Rehabita, Gestión Integral de Rehabilitaciones y Restauración, S.L., cun orzamento global de 66.550 euros.
COMERCIO
Primeira toma de contacto de Marta Lois cos representantes das asociacións comerciais Compostela Monumental e Em-Rede
Este pasado venres celebrouse a primeira das reunións coas que a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, está tomando contacto coas asociacións de comerciantes da cidade. Desta vez puido conversar coa presidenta da Rede de Iniciativas Empresariais de Compostela e Comarca Em-Rede, Eva López, e co Centro Comercial Aberto Compostela Monumental, representado polo seu presidente, José Manuel Bello; o xerente, José Ángel Blanco; e o asesor xurídico, Javier Olmo.
ACCIÓN CULTURAL
Al Ayre Español estrea a súa versión das "Trio sonatas, opus 2" de Haendel no Via Stellae
O Festival Via Stellae chega ao seu último tramo tras varios días ofrecendo propostas musicais variadas en espazos singulares da cidade. Na xornada do martes 14 de xullo poderemos escoitar a Al Ayre Español, dirixidos por Eduardo López Banzo, a partir das 20:30 horas no Salón Teatro. Estrearán a súa versión integral das Trio sonatas, opus 2 de Georg Friedrich Haendel nun concerto que leva por título Xenio, delicadeza, inventiva… Haendel. Integral das sonatas opus 2.