CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia e o pianista serbio Ivo Pogorelich actúan este domingo no Kursaal de San Sebastián
A Real Filharmonía de Galicia celebra este domingo, ás 19:00 horas, un concerto no Kursaal de San Sebastián. Levará a batuta o director titular da agrupación, Paul Daniel.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O Concello celebra o Día Mundial do Medio Ambiente cunha limpeza de inertes no río Sar e con dous concursos escolares
A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible en funcións, Teresa Gutiérrez, presentou en rolda de prensa as actividades que o Concello preparou con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente. Logo desprazouse ata o río Sar para participar nunha limpeza de inertes.
CULTURA E RELACIÓNS VECIÑAIS
Nova cita co programa "Imos ao baile"
Iníciase o mes de xuño cunha nova sesión do programa Imos ao baile. Será este sábado, na Casa das Asociacións de Cornes (rúa Manuel Beiras, 3) a partir das 17:00 horas.
CULTURA
A Banda Municipal de Música e Abe Rábade ofrecen un concerto especial dentro das festas do barrio de San Martiño Pinario
Este sábado 6 de xuño, ás 20:00 horas, a Banda Municipal de Música ofrecerá un concerto especial con motivo das festas do barrio de San Martiño Pinario. A agrupación estará acompañada polo prolífico compositor e pianista de jazz Abe Rábade como solista.
XUNTA DE GOBERNO
Concedida a licenza para a construción do aparcadoiro disuasorio de Pontepedriña
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria deste venres, concedeu a licenza á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para a construción do aparcadoiro disuasorio de Pontepedriña. Estas obras teñen un orzamento de execución material de 695.202 euros e permitirán o acondicionamento de dúas zonas de dúas zonas debaixo do viaduto do ferrocarril de Cornes como estacionamento público.
XUNTA DE GOBERNO
Convenios con 14 entidades culturais por importe de máis de 50.000 euros
Deuse conta na Xunta de Goberno da sinatura de 14 convenios culturais por un importe total de 50.380 euros. Ademais, aprobouse o texto de colaboración cultural coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para financiar diversas actividades culturais, cunha asignación de 250.000 euros.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello abre un procedemento negociado para adxudicar os Fogos do Apóstolo
A Xunta de Goberno acordou deixar deserto o procedemento aberto convocado para a licitación do servizo de deseño, produción montaxe e realización dos espectáculos nocturnos do 24 e do 31 de xullo, dentro das Festas do Apóstolo 2015. Polo mesmo, abriu un procedemento negociado sen publicidade coas cinco empresas que se presentaran ao concurso aberto.
XUNTA DE GOBERNO
Outorgadas dez axudas a empresas da cidade para reforzar a súa capacidade competitiva
O Goberno local en funcións acordou a concesión de 10 subvencións a empresas privadas para o financiamento de bolsas para o acceso a persoal especializado como vía de mellora da competitividade, dentro da convocatoria do ano 2015, que conta cunha achega económica de 135.000 euros.
CULTURA
Música, humor e teatro na programación cultural desta fin de semana
Na programación cultural desta fin de semana temos catro eventos de música, humor e teatro. Na xornada do sábado serán tres deles: concerto da Banda Municipal ás 20:00 horas na praza de San Martiño Pinario; espectáculo de humor de Miguel Noguera ás 20:30 horas no Teatro Principal e función de Amor Flexible, por Redrum Teatro ás 21:00 horas no Salón Teatro. Xa o domingo poderemos ver o Pluto, de Aristófanes, dirixido por Magüí Mira e protagonizado por Javier Gurruchaga e Marisol.../em>