ACCIÓN CULTURAL
O Concello e a asociación Compostela Territorio Musical abren o diálogo para buscar "espazos de convivencia"
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, reuníronse en Raxoi coa asociación Compostela Territorio Musical.
DEPORTE
Máis de 1.900 corredores participarán este sábado na Gladiator Race
Máis de 1.900 corredores procedentes de España e Portugal participarán este sábado 27 de xuño en Santiago na Gladiator Race, unha carreira que na súa primeira edición aspira a converterse nunha das competicións máis espectaculares no verán galego.
IGUALDADE
O Concello izou a bandeira multicolor
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e outros membros da Corporación, recibiron en Raxoi os representantes da Asociación Ultreia LGTBI. Posteriormente, baixaron á praza do Obradoiro para observar o izado da bandeira multicolor no Pazo de Raxoi con motivo da celebración o 28 de xuño do Día do Orgullo LGTBI. Alí tamén, o rexedor leu unha declaración institucional aprobada por unanimidade por todos os grupos municipais.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno dá conta da liquidación do transporte urbano no exercicio 2014, por importe de 4,1 millóns de euros
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria deste venres, deu conta da liquidación do transporte urbano do ano 2014, que se situou en algo máis de 4,1 millóns de euros. Ademais, aprobáronse catro novos convenios con entidades sociais e varias licenzas para reformas en edificios históricos.
REFUXIO DE ANIMAIS
O Refuxio de Bando organiza este sábado a sexta edición do "Minicanmiño"
Por sexta vez, voluntarios e padriños, cun grupo de 19 cans residentes na Fundación Refuxio de Animais realizarán o seu particular "Minicanmiño". Será este sábado 27 de xuño cando o grupo faga o percorrido dende o Refuxio ata a praza do Toural, onde estará instalado un posto informativo dende las 10:00 ás 21:00 horas. Con esta iniciativa quérese fomentar a adopción de animais do centro, así como convidar a cidadanía a coñecer o traballo que se realiza na Fundación e as distintas...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Festa no LSC da Gracia para os nenos e nenas usuarios dos centros socioculturais
O programa Vive o verán preparou un ano máis unha festa de encontro e convivencia para os rapaces e rapazas de 5 a 14 anos dos centros socioculturais. Será este sábado, a partir das 11:30 horas, cando un autobús pase a recoller os rapaces polos diferentes centros para levalos primeiro ata o CSC de Santa Marta e logo ao LSC da Gracia.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Últimas funcións da I Mostra de Clubs de Teatro Afeccionado dos centros socioculturais
Este sábado 27 de xuño celebrarase a última xornada de representacións da I Mostra de Clubs de Teatro Afeccionado dos centros socioculturais. Tres clubs amosarán as súas propostas ao longo do día na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta. A entrada é de balde ata completar aforo.
CULTURA
Dezanove concertos na décima edición do Via Stellae, que inaugura este luns Uri Caine
Este luns 29 de xuño inaugúrase a 10ª edición do Via Stellae cun concerto do pianista Uri Caine enmarcado dentro da sección Off#Stellae. Caine improvisa e así descobre, comenta, ensina e involucra ao público neste concerto que comezará ás 20:30 horas no Teatro Principal e que nos ofrece a súa visión persoal da música de Scarlatti, Mozart, Verdi ou Beethoven. Tras el, teremos 18 concertos máis ata o 15 de xullo en espazos singulares da cidade.
ALCALDÍA
Encontro en Raxoi de Martiño Noriega co xornalista Gervasio Sánchez
O alcalde compostelán, Martiño Noriega, saudou o xornalista e fotógrafo Gervasio Sánchez.