EDUCACIÓN E SEGURIDADE
Un simulacro de evacuación renova o Plan de Emerxencia das escolas infantís de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños
A Rede Municipal de Escolas Infantís conta cun Plan de Emerxencia e Evacuación, que se plasma nun Manual de Autoprotección e en diversas accións de formación e simulacros de actuación, todo isto no marco do Programa Municipal de Seguridade e Autoprotección dos Centros Escolares. A Escola Infantil de Meixonfrío-Salgueiriños acolleu este martes 2 de xuño unha nova actividade relacionada coa mellora da seguridade dos escolares e dos profesionais do centro. Tratouse dun simulacro, necesario para saber como actuar ante...
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Santiago e outros once concellos galegos poñen en marcha o programa Apego co obxectivo de fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial
A concelleira de Cultura en funcións, María Antón, presentou Apego, un programa colectivo creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial e axudar ao seu mantemento. Este proxecto, nado por iniciativa da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística, desenvólvese, de xeito cooperativo, entre os servizos de normalización dos concellos de Santiago de Compostela, A Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois e Vigo.
TURISMO
As Cidades Patrimonio promocionaron a súa oferta gastronómica en Madrid
As Cidades Patrimonio da Humanidade de España amosaron a súa rica oferta gastronómica este martes en Madrid. Baixo o título, Os Piares do Gusto, este evento -organizado pola Comisión de Turismo do Grupo- deu a coñecer a arte culinaria destes enclaves poñéndoa en relación coa súa entidade histórica e monumental. A concelleira de Turismo en funcións, Reyes Leis, participou neste acto xunto cos edís de Turismo das outras 14 cidades Patrimonio.
ECONOMÍA
A Cidade da Cultura acolleu a final do concurso Desafío SCQ
A concelleira de Educación en funcións, Maite Cancelo, participou na Cidade da Cultura no acto final de Desafío SCQ, formando parte do xurado. Incluído no programa Santiago Investors Support, este concurso pretendía fomentar a cultura emprendedora entro os estudantes e xerar vínculos entre estes e empresas do Concello de Santiago.
CONSORCIO
A Real Filharmonía pecha a súa tempada de concertos coa Quinta Sinfonía de Beethoven
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos, cos que pecha a súa tempada de abono. O xoves 4, a orquestra desprazarase a Vigo, onde actuará no Teatro Afundación ás 20:30 horas. E o venres 5 tocará en Santiago, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. En ámbalas citas levará a batuta o director titular da agrupación, Paul Daniel.
CULTURA
El Meister presenta o seu neofolk contemporáneo no ciclo Íntimo & Acústico
El Meister é o alcume en solitario de Javier Vielba, vocalista de Arizona Baby e Corizonas, dous dos grupos máis emblemáticos e recoñecidos do actual panorama alternativo nacional. Por se o seu labor á fronte de ambas as dúas formacións non fose suficiente, o efervescente universo creativo de Javier Vielba necesita outras válvulas de escape aos seus variados proxectos musicais ou, como el gusta de chamalos, subculturais. E así, el en solitario estará en concerto este mércores 3 de xuño, na Sala Capitol, a...
TURISMO
O municipio coreano de Kyungbook toma como referencia o Camiño de Santiago para a creación dunha ruta cultural e relixiosa
Un grupo de representantes do municipio de Kyungbook, en Corea do Sur, están visitando a cidade para coñecer o traballo de promoción da cidade de Turismo de Santiago e todo o relacionado co Camiño de Santiago. A concelleira de Cultura e Patrimonio, María Antón, recibiu a delegación coreana en Raxoi.
CULTURA
"jpg imaxe ou natureza", nova intervención na Zona C sobre a obra de Diego Vites
A concelleira de Cultura en funcións, María Antón, inaugura este mércores, ás 19:00 horas, unha nova intervención na Zona C, jpg imaxe ou natureza, acompañada de dous dos protagonistas, Ania González e Pablo de Soto. Dirixido por Ania González, este proxecto é un despregue e unha análise no espazo expositivo da obra do artista Diego Vites en colaboración co traballo do investigador Pablo de Soto sobre a produción visual arredor do accidente da central nuclear de Fukushima.