CONSORCIO
O 15 de xuño remata o prazo de inscrición no curso de Especialización Instrumental da Escola de Altos Estudos Musicais
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) organiza unha nova edición do Curso de Especialización Instrumental 2015-2016. Esta iniciativa diríxese a estudantes de música de grao medio ou superior que desexen perfeccionarse nalgún destes instrumentos: violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón ou percusión.
ALCALDÍA
A oceanógrafa Ángeles Alvariño súmase á nómina de científicos galegos homenaxeados no Parque das Ciencias
O alcalde de Santiago en funcións, Agustín Hernández, participou no acto de descubrimento da placa en homenaxe a Ángeles Alvariño González, con motivo da celebración do Día da Ciencia en Galicia. O distintivo colocouse no Parque das Ciencias, sumándose así a outros científicos galegos aos que se recorda nos bancos deste espazo.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Aberto o prazo de inscrición para os obradoiros "Medrar en familia"
Un ano máis, os obradoiros Medrar en familia irrompen na programación de Vive o verán para darlle aos máis pequenos a oportunidade de gozar cos seus pais e nais dun momento diferente e especial. Este ano, o programa xira en torno a catro eixes fundamentais: a lectura, as sensacións, a psicomotricidade e a relaxación, que conflúen para dar lugar a catro obradoiros diferentes que se desenvolveran en diferentes centros socioculturais da cidade.
PATRIMONIO
Reunión da Comisión de Patrimonio e Cidade do Grupo de Cidades Patrimonio
Este luns celebrouse na sede da FEMP en Madrid a reunión da Comisión de Patrimonio e Cidade do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. A reunión estivo presidida por Miguel Ángel García Nieto, alcalde de Ávila e presidente desta Comisión, e contou coa asistencia dos concelleiros de Patrimonio das cidades que integran a rede.