ALCALDÍA
O alcalde destaca ante os axentes de viaxes a "ampla oferta turística, apta para múltiples segmentos", de Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu no Palacio de Congresos á inauguración da VIII Convención de Axencias Asociadas Team Group. Ante os profesionais deste sector, reivindicou a ampla oferta turística de Compostela.
OBRAS E MOBILIDADE
Os traballos de mellora do firme continuarán por Fontiñas, Choupana e Castrón Douro
O Concello continúa os labores de asfaltado dos vieiros da cidade aproveitando o bo tempo que se espera para os vindeiros días. Unha vez rematadas as obras en Xeneral Pardiñas e Doutor Teixeiro, as seguintes rúas en ver renovado o seu firme serán Patio de Madres-Castrón Douro, a rúa Lisboa e a Choupana. Cómpre lembrar que os traballos afectarán ao tráfico de forma transitoria e realizaranse en horario diúrno porque as baixas temperaturas que se prevén alcanzar pola noite non permitirían que o firme...
COMERCIO
O CERSIA acolle o vindeiro xoves a conferencia "Plan de marketing para todos", impartida por Xosé Luís Reza
O vindeiro xoves 12 de marzo, ás 20:30 horas, celebrarase no edificio municipal CERSIA a conferencia "Plan de marketing para todos", dirixida a comercio, empresas, e demais axentes do tecido económico de Santiago. Está organizada pola Concellaría de Comercio en colaboración coa Asociación Galega de Marketing (Markea).