XUNTA DE GOBERNO
O alcalde indica que a nova ordenanza de tramitación de licenzas urbanísticas fará que "sexa máis fácil e máis rápido que nunca emprender un negocio en Santiago"
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou a aprobación inicial pola Xunta de Goberno dunha nova Ordenanza reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa. Esta norma, que axilizará a tramitación na posta en marcha das actividades e obras de acondicionamento de locais, fará que "sexa máis fácil e máis rápido que nunca emprender un negocio en Santiago".
XUNTA DE GOBERNO
A norma reguladora do plan "Santiago Suma" garantirá a posta en marcha dun programa social municipal ao que o Concello destina un 86% máis que o pasado ano
A Xunta de Goberno deu o visto bo inicial á Ordenanza reguladora do programa "Santiago Suma", que recolle o contido do plan integral presentado a pasada semana e que supón un reforzo das medidas de inclusión social adoptadas por outras administracións. Inclúese así o novo catálogo de prestacións e medidas, no cal figura, entre outras, a renda de solidariedade activa.
XUNTA DE GOBERNO
A reurbanización do ámbito da Almáciga entre San Roque e San Caetano continuará co tramo entre Santa Clara e Basquiños
A Xunta de Goberno adxudicou as obras de urbanización do tramo entre Santa Clara e Basquiños, por un importe de 340.310 euros e un prazo de cinco meses. Continuarán así os traballos neste ámbito da Almáciga (entre San Roque e a praza da Paz), onde están a piques de rematar as obras do tramo entre Basquiños e Pastoriza.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello encomenda ao Consorcio o proxecto de restauración do Auditorio
O Consorcio de Santiago será o encargado, a través dunha encomenda de xestión, de elaborar un proxecto de restauración do edificio do Auditorio de Galicia. A intervención estará destinada a reparar os danos que presenta, para que siga a manter os seus valores estéticos e cumpra o seu papel fundamental de acoller as actividades para as que foi deseñado como primeiro contedor cultural da cidade.
TURISMO
O botafumeiro poderá verse todos os venres na "Homenaxe ao Peregrino"
Os peregrinos, visitantes e composteláns poderán ver en funcionamento o botafumeiro todos os venres do ano ás 19:30 horas, salvo o Venres Santo, grazas ao acordo asinado entre o Turismo de Santiago, a Asociación Hostalería Compostela, a Catedral de Santiago e a Cámara de Comercio.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Un punto limpo móbil percorrerá os barrios da cidade para facilitar a xestión de residuos non voluminosos e a recollida selectiva
A Concellería de Desenvolvemento Urbano Sostible, a través da empresa Urbaser, concesionaria do servizo de recollida e do tratamento de residuos, pon en marcha un Punto Limpo Móbil, co obxectivo de dar a coñecer e facilitar a xestión de residuos non voluminosos e a reciclaxe mediante a recollida selectiva. Este punto limpo móbil estará cada sábado nun punto da cidade ou do rural.
SERVIZOS SOCIAIS
Entrega de diplomas aos participantes noutra edición do programa de emprego Acceder
A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, clausurou o acto de entrega de diplomas do programa Acceder, celebrado na sede compostelá da Fundación Secretariado Xitano. Trinta persoas recibiron a credencial pola súa formación teórica e práctica en Dependente de comercio, Controlador de accesos, Acompañante de transporte escolar, Auxiliar de estética e Camareiro de sala e banquetes.
ALCALDÍA
Agustín Hernández destaca o papel fundamental do Camiño para "entender o desenvolvemento e a historia non só de Galicia, senón tamén de España e de Europa"
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu no Museo Centro Gaiás, xunto co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, á inauguración de "Camiño. A Orixe", unha exposición que, segundo dixo, "vai dirixida á mesma raíz onde todo parte, onde todo medra e frutifica".
CONSORCIO
O Consorcio finaliza as obras na igrexa de Santa Mariña de Verdía, centradas na restauración do retablo e na eliminación de humidades no templo
Dentro das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo fóra da cidade histórica, acaban de rematar varias intervencións na igrexa de Santa Mariña de Verdía, localizada na parroquia do mesmo nome, a uns dez quilómetros ao norte da cidade. Trátase, por un lado, da restauración do retablo maior, de orixe barroca, cun orzamento de 19.178,50 euros. Ademais, mellorouse a cuberta e as revocaduras exteriores e interiores do templo para resolver os problemas de humidade que afectaban ao inmoble, traballos que alcanzaron os 40.140...
PATRIMONIO
Santiago albergará o 16 de maio un concerto do II Ciclo de Música de Cámara nas Cidades Patrimonio da Humanidade de España
A Raíña Dona Sofía presidiu en Alcalá de Henares o concerto con que se inaugurou o II Ciclo Música de Cámara nas Cidades Patrimonio da Humanidade de España, organizado polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España en colaboración coa Fundación Albéniz e coa Escola Superior de Música Reina Sofía. Este ciclo chegará a Santiago de Compostela o sábado 16 de maio, cun concerto do Cuarteto Medelssohn de BP, ás 20:00 horas, na igrexa da Compañía.