CULTURA
O Concello distribuirá 2.000 exemplares do cómic divulgativo "Vivir no solo" en centros de ensino e bibliotecas de Galicia
A concelleira de Cultura e Patrimonio, María Antón, participou na presentación do cómic divulgativo Vivir no solo, cuxa edición en español veñen de promover a Delegación da Sociedade Española da Ciencia do Solo (SECS) en Galicia e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) con motivo do Ano Internacional dos Solos 2015. Esta publicación, que agora engade novos contidos, fora lanzada no ano 2000 polo Consello da Cultura Galega e o Concello de Santiago.
SERVIZOS SOCIAIS
Santiago de Compostela súmase á conmemoración do Día Mundial do Ril
A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, participou no CHUS nunha mesa informativa convocada pola delegación de Santiago da Asociación para a Loita contra as Enfermidades de Ril (Alcer) con motivo da celebración este xoves, 12 de marzo, do Día Mundial do Ril. Tamén asistiron o xerente do CHUS, Luis Verde; o xefe de Nefroloxía do complexo, Cándido Díaz, e representantes de Alcer.
ALCALDÍA
Agustín Hernández marca como unha cuestión "permanente e ineludible" a busca de formas de mobilidade alternativa
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, clausurou a xornada A mobilidade sostible chega a Galicia: o vehículo eléctrico está aquí, celebrada no Hostal dos Reis Católicos. Posteriormente, inaugurou a exposición Vehículo Eléctrico + Enerxías Renovables, que estará na praza do Obradoiro ata o domingo 15 de marzo.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Concello pon en marcha o II Concurso de Vídeo-Creación para centros de ensino
O Concello de Santiago ven de poñer en marcha o II Concurso de Vídeo-Creación para centros de ensino, coa finalidade de achegar a toda a comunidade educativa argumentos positivos para o uso da lingua galega a través das canles e linguaxes que gozan de maior atracción nestes momentos, como é o caso do audiovisual.
CENTROS SOCIOCULTURAIS E RELACIÓNS VECIÑAIS
Viaxe familiar a Valladolid dentro do programa "Imos de excursión 2015"
A Concellería de Cultura continúa coas viaxes do programa Imos de excursión 2015. Desa vez ofrece unha proposta pensada para as familias, unha viaxe de tres días a Valladolid na que tanto pequenos coma maiores poderán gozar de diversas actividades culturais e de ocio.
TURISMO
Turismo de Santiago amosa a cidade a profesionais turísticos de Brasil
Turismo de Santiago amosará Santiago a un grupo de directivos do Serviço Social de Comercio (SESC) do Estado brasileiro de Minas Gerais. Este grupo vén a Santiago coa intención de coñecer a cidade e estudar a súa inclusión nun novo circuíto turístico polo Norte de España para o público brasileiro.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Festival Internacional de Narración Oral "Atlántica" chega aos centros socioculturais
Os centros socioculturais acollerán dúas sesións de contacontos para público infantil dentro da edición 2015 do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica. Este certame desenvolverá un intenso programa de actividades en Santiago de Compostela do 12 ao 19 de marzo.
CULTURA
White Bats estarán este xoves en Santiago dentro do Compostela Rock
A irrupción de White Bats (Madrid, 2014) na escena indie provocou reaccións inmediatas e efusivas. O mundo estaba a esperar aos Morcegos Brancos e o seu impecable primeiro EP, White Bats. Poderemos escoitalos este xoves en Santiago dentro do ciclo Compostela Rock. Será na Zona C a partir das 20:30 horas nun concerto no que estarán acompañados do pop electrónico de Músculo!.
CULTURA
Aberto o prazo de inscrición para a 12ª edición do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto
Xa está aberto o prazo para participar na 12ª edición de Curtocircuíto, Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, que se celebrará do 6 ao 11 de outubro deste ano 2015.