ALCALDÍA
Agustín Hernández aposta por "manter ese ritmo de traballo, de esforzo e de dedicación que nos permitiu superar os peores momentos dunha prolongada crise"
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugurou co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o evento empresarial 100 consellos para o 2015. O evento, dirixido a directivos e empresarios, celebrouse durante a mañá deste mércores no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.
ALCALDÍA
Concello e Xunta compartirán infraestruturas de telecomunicacións para aforrar ata o 80% do custo total da implantación de novas redes
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, asinaron un convenio para o aproveitamento recíproco das infraestruturas e instalacións de ambas administracións e para o desenvolvemento de redes de telecomunicacións no municipio. O Concello dá así un paso máis no impulso da innovación como un dos eixes estratéxicos no desenvolvemento da cidade. Este labor xa é recoñecido por entidades externas, como o...
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
A praza do Matadoiro converterase nun balcón ao parque de Belvís e nunha atractiva e accesible entrada a este espazo verde
A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, presentou o proxecto de reurbanización da praza do Matadoiro. Tras a demolición da Casa da Xuventude e executada este intervención, este espazo converterase nun atractivo e accesible punto de entrada ao parque de Belvís e tamén nun balcón dende o que divisar este espazo verde.
ECONOMÍA
Corenta expositores porán á venda 40.000 pezas na II Feira de Antigüidades de Santiago
O Palacio de Congresos e Exposición de Galicia acollerá os días 6, 7 e 8 de febreiro a II Feira de Antigüidades de Santiago de Compostela, á que asistirán 40 expositores de España e varios países europeos, que amosarán máis de 40.000 pezas. O evento foi presentado no Pazo de Raxoi pola concelleira de Economía, Reyes Leis, e o organizador do evento, Ángel Moix.