DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O Concello renova a beirarrúa e a calzada da rúa Domingo Fontán
A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, e o concelleiro de apoio desta área, Luis Meijide, visitaron as obras da rúa Domingo Fontán, centradas na renovación da beirarrúa e da calzada. O Concello investiu 54.851 euros nestes traballos.
ALCALDÍA
Agustín Hernández inaugurou a rúa Compostela na vila de Portomarín
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugurou a rúa Compostela en Portomarín, acompañado do rexedor desta vila lucense, Juan Serrano.
CENTROS SOCIOCULTURAIS E RELACIÓNS VECIÑAIS
Cita no Centro Sociocultural do Castiñeiriño co programa "Imos ao baile"
As Concellarías de Cultura e de Relacións Veciñais, convidan a veciñanza a asistir a unha nova sesión do programa Imos ao baile. A cita deste sábado, 28 de febreiro, é no Centro Sociocultural do Castiñeiriño ás 17:30 horas.
ALCALDÍA
O alcalde salienta o papel da EASD Mestre Mateo como canteira de artistas e grandes profesionais e como berce da sona de Santiago na aprendizaxe para a artesanía
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugurou a exposición CENTO25 sinerxias creativas. EASD Mestre Mateo (1888-2013), conmemorativa dos 125 anos da Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo. Estará aberta na Casa do Cabido ata mediados do mes de xullo.
CULTURA
Posponse "O principio de Arquímedes" por problemas de saúde dun membro do elenco
A obra de teatro O principio de Arquímedes, prevista no Teatro Principal para este venres 27 e sábado 28, vén de ser cancelada pola compañía, Teatro do Atlántico, por problemas de saúde dun dos membros do elenco. En breve, tan pronto sexa posible, comunicaranse as novas datas da obra, para a que valerán as entradas xa mercadas.