COMERCIO
O concurso para a creación do galardón dos Premios ao Comercio Compostelán ábrese a estudantes de formación artística
O Concello de Santiago convocará proximamente os Premios ao Comercio Compostelán 2015 co afán de recoñecer o esforzo dos comerciantes e o seu importante labor tanto a nivel social coma económico.
ALCALDÍA
O Concello inviste 2,2 millóns de euros na urbanización do SUNP-11 do Castiñeiriño, que permitirá a construción de 158 vivendas
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asinou un convenio de colaboración co director xeral de Gas Galicia, Roger Serrat, para a construción das instalacións de distribución de gas no SUNP-11 do Castiñeiriño. Posteriormente, visitaron as obras de urbanización deste solo que executa o Concello.
CULTURA
Dezasete procesións, música e liturxia na Semana Santa de Santiago de Compostela
A concelleira de Cultura, María Antón, presentou en rolda de prensa o programa da Semana Santa 2015, que arrancará o 20 de marzo co tradicional pregón. Serán 17 as procesións que desfilarán polas rúas compostelás, complementadas por diversos actos litúrxicos e concertos especiais no marco da celebración do V centenario do nacemento de Santa Teresa de Jesús.
ALCALDÍA
Agustín Hernández resalta a orixinal estética da obra de Leopoldo Nóvoa, un dos referentes da arte contemporánea en Galicia
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugurou a mostra Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns. A exposición permanecerá aberta no Auditorio de Galicia ata o mes de xuño todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h. Unido á mostra, haberá un programa didáctico que desenvolverá talleres o mes de febreiro e visitas guiadas ata a clausura da mesma.
CULTURA
"Un concerto a dúas bandas": a Banda Municipal con alumnos do Conservatorio Profesional de Música
Anualmente, a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela realiza un concerto no que participa alumnado do Conservatorio Profesional a modo de curso, onde os seleccionados da Banda Sinfónica e outras agrupacións do centro aproveitan a experiencia de tocar cóbado con cóbado cos músicos profesionais de dita banda. Neste curso o concerto será este venres, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.