TURISMO
O aeroporto de Santiago comeza o ano cun crecemento do 11,04% en pasaxeiros nas conexións internacionais
No pasado mes de xaneiro, as conexións internacionais do aeroporto de Santiago moveron 21.895 pasaxeiros, un 11,04% máis que os 19.477 de xaneiro do 2014. Así, o aeroporto comezou o ano continuando co crecemento do tráfico nas súas conexións internacionais directas, un crecemento que comezou no 2012 e que conseguiu que tanto no 2013 coma no 2014 se marcasen dous máximos consecutivos.
FESTAS
A carroza "A volta ao mundo en 80 días" e a comparsa "Estrelas da noite" gañan o concurso do martes de Entroido
Como en cada Entroido, o desfile do martes foi o punto forte do programa festivo de Santiago nestas datas. No percorrido polas rúas compostelás participaron 18 comparsas, 7 carrozas, 9 grupos, 13 parellas e 22 disfraces individuais. A comitiva estivo encabezada un ano máis polos Xenerais da Ulla.
CULTURA
Chega a Compostela "O crédito", comedia bancaria con Morris e Pedro Alonso, dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués
Eme2 Producións e Tanttaka, presentan en Compostela a comedia bancaria O crédito, de Jordi Galcerán, protagonizada por Pedro Alonso e Antonio Durán "Morris" e dirixida por Fernando Bernués. Será en cinco funcións do 18 ao 22 de febreiro no Teatro Principal, dentro do Bono de Teatro Galego (ás 20:30 h todos os días, agás o domingo que será ás 20:00 h).