EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Concellaría de Educación e Cidadanía convida os composteláns a descubrir o patrimonio funerario do municipio
O próximo 2 de novembro celébrase o Día de Defuntos, e é tradición acudir aos cemiterios e poñelos o máis engalanados posible. Ao redor desta data, a Concellaría de Educación e Cidadanía pon en marcha un programa de divulgación e posta en valor do patrimonio funerario de Santiago. Trátase de coñecer a historia local da "cidade viva", a través das "cidades das persoas mortas", de personaxes anónimos e de figuras ilustres da política, da industria, das artes ou das...
ACCIÓN CULTURAL
Josema Yuste, Felisuco e Diana Lázaro, entre outros, presentan ‘Taxi" en Compostela
A adaptación feita por Josema Yuste e Alberto Papa-Fragomén da obra de Ray Cooney, Taxi, chegará a Compostela ma este venres 30 de outubro dentro da programación Teatro 2015 da Concellaría de Acción Cultural. As entradas teñen un prezo de 22 € no patio de butacas A e anfiteatro 1; 20 € no patio de butacas B e 18 € no anfiteatro 2. Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas, de martes a sábado e días do evento), no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Máis de 1.300 persoas xa se inscribiron nas ofertas de traballo xestionadas para o FOCO
O Foro Colaborativo polo Emprego de Santiago de Compostela (FOCO2015) acollerá os días 5 e 6 de novembro un amplo abano de actividades como espazo de encontro entre demandantes de emprego, empresas e axentes sociais.
IGUALDADE
Máis de 140 locais comerciais súmanse á campaña "Compostela en Negro"
A concelleira de Igualdade, Marta Lois, presentou en rolda de prensa a campaña 25 N. Compostela en Negro, que pretende sensibilizar sobre a lacra que supón a violencia machista. Por iso, durante a semana do 19 ao 25 de novembro, os comercios composteláns que se adhiran á iniciativa vestiranse de loito. De momento xa son máis de 140 os que queren participar desta proposta da Concellaría de Igualdade e na que está a colaborar a deseñadora Uqui Permui.
ALCALDÍA
O alcalde requírelle á Xunta que "non se poña de perfil" na coordinación aeroportuaria
O alcalde de Santiago participou esta tarde en Madrid na reunión do Comité de Coordinación Aeroportuaria de Galicia, a primeira en máis de ano e medio. Ao seu remate, Martiño Noriega explicou que a xuntanza, presidida pola ministra de Fomento, serviu para constatar que Compostela e A Coruña poden manter liñas de colaboración, mentres que a terceira cidade galega con aeroporto, Vigo, "non vai mudar a súa posición de tirar de chequeira para subvencionar aeroliñas con cartos públicos". Na...
TURISMO E ESPAZOS CIDADÁNS
O Concello aposta por unha mesa de intermediación que facilite información urbanística e asesoramento á hostalería
Os concelleiros de Turismo, Marta Lois, e de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, mantiveron unha reunión coa nova directiva da Asociación Hostalería Compostela. Nesta primeira toma de contacto, abordáronse cuestión como as ordenanzas de terraza e de ruídos, sobre cuxa revisión o Concello quere abrir unha vía de diálogo co sector hostaleiro.
CASA DA TROIA
Tunos veteranos de España, Portugal, Holanda e México conmemorarán en Santiago o centenario da primeira edición da novela "La Casa de la Troya", de Pérez Lugín
Con motivo do centenario da primeira edición da novela La casa de la Troya, de Alejandro Pérez Lugín (1915), o Museo Casa da Troia acolleu a presentación dos actos que a Asociación de Antigos Tunos Composteláns, entidade que xestiona o museo, está a organizar para conmemorar esta efeméride. A vindeira semana, os días 6 e 7 de novembro, celebraranse os II Encontros Troianos en Compostela. No marco desta cita, terá lugar o Festival do Centenario no Auditorio Abanca de Santiago.
ACCIÓN CULTURAL
Los Duguis Impro levan a escena "Spin Off", espectáculo de improvisación teatral
Tres improvisadores crearán os argumentos, as tramas, os conflitos, os xiros... no tempo que dura a función, irán pedindo comentarios e palabras ao público para construír cada vez unha historia diferente. Un técnico de son improvisará en directo a música de fondo perfecta para cada situación. Isto farán Los Duguis Impro en Spin Off, o espectáculo de improvisación teatral que poderemos ver esta fin de semana na Zona "C". En total serán 3 funcións, este venres e de novo...