XUNTA DE GOBERNO
En 2014 realizáronse na cidade máis de 200 obras teatrais ás que asistiron 45.000 espectadores
Do conxunto das obras realizadas no último ano , que chegan ás 302 si contamos tamén as representadas en 2013, 16 fixéronse en colaboración co Instituto Nacional das Artes Escénicas e Musicais a través dun convenio que se volverá solicitar este ano. Así o acordou a Xunta de Goberno local na súa primeira sesión de 2015. O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, informou deste e doutros asuntos en rolda de prensa.
PERSOAL
O alcalde anuncia a convocatoria da mesa de negociación co obxectivo de recuperar as condicións laborais dos traballadores do Concello
Unha vez aprobados os orzamentos do Concello para o 2015, Agustín Hernández anunciou que a vindeira semana se convocará a mesa de negociación cos sindicatos co obxectivo de activar e desenvolver as medidas recollidas en materia de persoal
MOBILIDADE
Renovación das tarxetas de aparcamento por razón de municipio
A Concellería de Mobilidade e Seguridade Cidadá informa da apertura do prazo para solicitar a renovación das tarxetas de estacionamento por razón de municipio.
MOBILIDADE
As primeiras restricións de tráfico na rotonda de Conxo comezarán na semana do 19 de xaneiro
A empresa adxudicataria da obra trasladou ao Concello que o vindeiro luns, día 12, comezan as obras do túnel coa sinalización vertical e outras actuacións preparatorias que non afectan á plataforma viaria,