ALCALDÍA
O alcalde aposta por aproveitar as posibilidades turísticas do Entroido dos Xenerais da Ulla
26/01/2015
Leer más
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presentou o programa do Entroido Tradicional dos Xenerais da Ulla 2015, Festa de Interese Turístico de Galicia. O calendario esta edición, que se prolongará ata o 1 de marzo, inclúe un programa de menús de Entroido e turismo rural, unha unidade didáctica para colexios e unha exposición fotográfica.
CONSORCIO
O violoncellista granadino Guillermo Pastrana toca coa Real Filharmonía de Galicia nos seus concertos en Santiago e Ferrol
26/01/2015
Leer más
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O mércores día 28, a orquestra desprazarase a Ferrol, onde actuará no Teatro Jofre, ás 20:30 horas. E o xoves 29 tocará en Santiago de Compostela, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. En ámbalas citas levará a batuta o director titular e artístico da agrupación, o mestre Paul Daniel.