OFRENDA
Felipe VI agradece a "extraordinaria mostra de solidariedade, de civismo e de nobreza" dada por Galicia no accidente de Angrois
O Rei Felipe VI realizou a tradicional Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago, na que tivo unha sentida lembranza ás vítimas do accidente de Angrois e na que agradeceu ao pobo galego as mostras de "solidariedade, de civismo e de nobreza". Na súa invocación tamén houbo palabras para os afectados pola crise económica e de defensa dunha España "unida e diversa"
ALCALDÍA
Lembrando a Rosalía de Castro
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e outros integrantes da Corporación asistiron na igrexa de San Domingos de Bonaval á misa en lembranza a Rosalía de Castro. Posteriormente, no Panteón Galegos Ilustres, participaron na ofrenda floral á poeta.
ALCALDÍA
O primeiro volume dunha serie limitada sobre Compostela e unha pulseira peregrina, agasallos do alcalde aos monarcas
Os Reis foron recibidos no Pazo de Raxoi despois da cerimonia da Ofrenda ao Apóstolo. Tras asinar as Súas Maxestades no Libro de Honra, o alcalde compostelán, Agustín Hernández, agasallou a Felipe VI co primeiro volume dunha serie limitada sobre momentos de Compostela. A Raíña recibiu unha pulseira peregrina, unha xoia que se pode personalizar, xa que cada fito representa un lugar, un elemento e unha virtude do Camiño de Santiago.