CENTROS SOCIOCULTURAIS
Primeiros obradoiros familiares e circuítos saudables do programa "Vive o verán"
Durante o mes de xullo haberá ata cinco obradoiros dirixidos a bebes acompañados polos seus pais/nais dentro do programa Vive o verán. Agrúpanse baixo o lema "Medrar en familia" e estimularán as habilidades dos pequenos, ademais de ofrecer ideas creativas para os pais.
CULTURA
Presentación da nova temporada de abono da Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia presentou a súa nova temporada de abono 2014-2015. Asistiron ao acto o alcalde de Santiago, Ángel Currás; o director titular e artístico da orquestra, Paul Daniel; o seu director técnico, Oriol Roch; e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou.
DEPORTES
Remodeladas as superficies de xogo das pistas polideportivas de Alexandre Bóveda e Fermín Bouza Brey
Dentro do Plan de mantemento de instalacións deportivas ao aire libre, o Concello vén de executar obras nas pistas polideportivas de Alexandre Bóveda e Fermín Bouza Brey. O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira Reyes Leis, acompañados por técnicos municipais, visitaron as dúas instalacións para inspeccionar os traballos realizados
ALCALDÍA
O alcalde confía nun acordo entre Urbaser e traballadores que evite unha folga do lixo
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira Reyes Leis, mantiveron unha xuntanza co director xeral de Urbaser (concesionaria do servizo de limpeza e recollida do lixo), Santiago Alonso; co director de zona de Galicia, Julio Gancedo; e cun representante da firma en Santiago, Nemesio López, tras a mantida hai dous días co Comité de Empresa. Tras a mesma, o rexedor expresou a súa confianza en que se alcance unha solución dialogada entre as partes que evite a convocatoria dunha folga que prexudicaría a imaxe da cidade en...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Viaxe á costa biscaíña no ecuador do programa "Imos de excursión"
Este xoves 3 ábrese o prazo para participar nunha nova viaxe do programa municipal Imos de excursión, organizado pola Concellería de Centros Socioculturais. Nesta ocasión a viaxe é a Costa Biscaíña e realizarase do venres 25 ao domingo 27 de xullo.
CONSORCIO
A exposición "Compostela interpreta os pioneiros da fotografía" péchase este xoves na Casa do Cabido
Esta semana péchanse tres das exposicións que ten en marcha o Consorcio de Santiago na Casa do Cabido e no Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede da praza das Praterías). A entidade está a traballar en novas propostas que se inaugurarán nos vindeiros días.