CENTROS SOCIOCULTURAIS
Comezan as "Mañás de verán e de xogo" na rede de centros socioculturais
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira Reyes Leis visitaron os centros socioculturais de Santa Marta e de Conxo, dous dos locais onde se desenvolven durante este mes de xullo as Mañás de verán e de xogo, organizadas pola Concellería de Centros Socioculturais dentro do programa Vive o verán.
COMERCIO
Dezaoito locais baleiros participan no programa piloto de escaparates
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, presentou no Pazo de Raxoi os primeiros resultados da fase inicial dun innovador proxecto que, en colaboración coas asociacións comerciais de Santiago, pretende dinamizar as zonas comercias da cidade mediante a instalación de escaparates en locais que actualmente están baleiros. Trátase dun proxecto piloto no que o Concello fai de intermediario entre propietarios de locais baleiros e empresarios da cidade para, ao mesmo tempo, amosar as posibilidades dos locais e servir de escaparate para negocios xa establecidos.
ALCALDÍA
O alcalde transmítelle a Paul Daniel o agradecemento da cidade polo seu traballo á fronte da Real Filharmonía de Galicia
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi o director da Real Filharmonía de Galicia, Paul Daniel.
CULTURA
O Caspervek Trío presenta "Máis Variacións Goldberg" no festival Via Stellae
As Variacións Goldberg chegan ao Via Stellae con Máis Variacións Goldberg, coas que o Caspervek Trío propón unha viaxe ao través da música do Renacemento e o Barroco utilizando a obra mestra de Bach como nexo condutor. Será ás 22:00 horas no Hostal dos Reis Católicos, con entrada de balde previa retirada de invitación no despacho de billetes do Teatro Principal.