DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O novo contrato de mantemento das zonas verdes permitirá renovar as 93 rotondas da cidade
A concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, deu conta en rolda de prensa doutra das melloras que executará a empresa concesionaria do contrato de mantemento das zonas verdes da cidade, Cespa. Neste caso será a renovación das rotondas da cidade cun investimento de 502.721 euros.
FESTAS
Vintage Trouble, revelación internacional do momento, ofrecerá o seu primeiro concerto en España nas Festas do Apóstolo
Os norteamericanos arrasan polos escenarios de medio mundo e están considerados unha das bandas de referencia obrigada no actual panorama internacional. Chegan a Compostela precedidos dun incrible éxito de público e crítica e logo de pasar polos mellores festivais do mundo (SXSW, Glastonbury, Coachella, Rock in Rio,...). Foron escollidos por The Rolling Stones e The Who para abrir e acompañalos, respectivamente, nas súas xiras mundiais e teñen compartido escenario con Lenny Kravitz, Neil Young, Joss Stone, The Cranberries ou Bon Jovi, entre...
ALCALDÍA
Santiago acolle o congreso" Innovación tecnolóxica como clave de futuro"
O Palacio de Congresos acolleu esta tarde o acto de presentación da innovadora aposta tecnolóxica que os xestores do recinto estiveron desenvolvendo nos últimos meses para a súa modernización. O acto estivo presidido polo alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis.
BENESTAR SOCIAL
O proxecto Barrios Abertos promove a integración social e cultural dos inmigrantes de Compostela
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, presentou en rolda de prensa o proxecto Barrios Abertos, que busca promover a integracións dos inmigrantes na vida asociativa de barrios como Fontiñas ou San Pedro.
NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA
O venres 2 de maio remata o prazo para participar no I Concurso de vídeo-creación para centros de ensino
A concellería de Normalización Lingüística convoca o I Concurso de vídeo-creación no que poderán participar alumnos dos centros de ensino galegos. A temática dos audiovisuais xirará en torno á promoción do uso da lingua galega en calquera ámbito e con calquera focaxe. O prazo para inscribirse remata este venres 2 de maio.
ALCALDÍA
O alcalde pide á FEMP que emita ditame e faga seguimento do Anteproxecto de lei orgánica do poder xudicial
O alcalde compostelán, Ángel Currás, interviu no Consello territorial da Federación Española de Municipios, a quen lle solicitou un seguimento do Anteproxecto de lei orgánica do poder xudicial.