BENESTAR SOCIAL
Continúan as xornadas formativas sobre prevención e sensibilización contra a violencia de xénero
O edificio Cersia segue acollendo as charlas informativas enmarcadas no III Plan de Igualdade. A concelleira María Castelao asistiu e participou no acto que organiza a Área de Benestar Social. As charlas comezaron o pasado día 10 de abril.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba unha campaña on line para a promoción de Santiago en Europa
A voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, deu conta en rolda de prensa dos asuntos tratados na última xuntanza ordinaria. Entre eles salienta a aprobación dunha campaña turística que busca promocionar Santiago a nivel europeo.
DEPORTES
Santiago acolle por segundo ano consecutivo o Campionato de Enduro
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou en rolda de prensa o campionato de España desta modalidade de motociclismo que se celebrará polo entorno compostelán esta fin de semana. Un total de 175 motos citaranse na Prazo do Obradoiro para a súa presentación.
XUVENTUDE
O grupo Hellorice faise co certame de MúsicaXove 2013
A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, acompañada polo director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, e a concelleira de Educación, María Castelao fixo entrega dos galardóns aos premiados.
EMPREGO
O alcalde inaugura o Foro de Intermediación e Emprego
Durante dous días o FIE ofrece numerosas actividades gratuítas relacionadas coa busca de emprego e a mellora de competencias laborais. Arredor de 1500 persoas participarán nos encontros concertados con empresas.
BENESTAR SOCIAL
Un total de 23 colexios participan na segunda edición de Encontros de Centros para unha convivencia positiva
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, inaugurou na Biblioteca da Cidade da Cultura o II Encontro de Centros para unha convivencia positiva, que organizan o IES Antonio Fraguas de Santiago, o IES Xulián Magariños de Negreira e o IES Fin do Camiño de Fisterra. O venres 25 terá lugar a segunda xornada que porá o punto final a dúas intensas xornadas.
COMERCIO
Os pequenos comercios de Santiago poderán presentar as súas coleccións no Pazo de San Lorenzo
O venres día 25 remata o prazo de inscripción no programa "Estrea Estilo!" para a dinamización do tecido comercial da cidade.
EDUCACIÓN
Comeza o XIX Certame de Teatro Intercentros de Compostela e Comarca
A Facultade de Educación acolleu esta mañá a primeira representación dunha cita xa clásica no calendario educativo que organiza a Concellería de Educación, na que estivo presente a súa concelleira, María Castelao.
PLENO
O Pleno aproba por unanimidade a concesión de medallas aos policías locais que traballaron no accidente de tren de Angrois
O Pleno da Corporación aprobou, na súa sesión ordinaria do mes de abril, a concesión de distincións a oitenta axentes que traballaron no accidente de tren de Angrois o pasado 24 de xullo. Así mesmo, e tamén co acordo de todos os grupos, deu luz verde a unha declaración institucional en defensa do partido xudicial de Santiago. En total, nesta sesión aprobáronse sete acordos por unanimidade.