EDUCACIÓN
A XIV Campaña de Animación á Lectura achegará novas aventuras a máis de 4.500 escolares de Santiago
A Galería Sargadelos acolleu un ano máis a inauguración da XIV Campaña Municipal de Animación á Lectura organizada polo Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela e Kalandraka Editora, en colaboración coa Galería. Nesta nova campapña, está prevista a participación de 4.500 escolares das escolas infantís de Santiago, dos centros de educación infantil e primaria composteláns e da comarca. Ao acto asistiu a concelleira de Educación, María Castelao.
ALCALDÍA
A Alameda de Santiago acolle unha nova edición da Feira do Libro do 26 de abril ao 4 de maio
O alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado polo conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, e o presidente da Federación Galega de Libreiros, presentou a XXXIII Edición da Feira do Libro Novo de Santiago, que se desenvolverá na Alameda entre o sábado 26 de abril e o domingo 4 de maio.
NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA
Ábrese o prazo para participar no II Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego
A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, presentou a II convocatoria dun programa que se iniciou o ano pasado e que pretende promover o uso do galego na comunicación do sector socioeconómico compostelán e engadir valor e rendemento ás iniciativas publicitarias
ALCALDÍA
O Pleno aprobará unha declaración institucional en defensa do partido xudicial de Santiago
O alcalde compostelán, Ángel Currás, anunciou, trala reunión da Xunta de voceiros, que o Pleno da Corporación aprobará, co apoio dos tres grupos, unha declaración institucional en defensa da demarcación xudicial de Santiago.