XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aprobou os prazos de matriculación na Escola Municipal de Música
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria, aprobou os prazos para matricularse na Escola Municipal de Música para o curso 2014-2015. Entre outros asuntos, a voceira María Pardo tamén deu conta da nova denominación do parque de San Roque.
ALCALDÍA
Santiago participa no Congreso Internacional da Camelia 2014
O alcalde compostelán Ángel Currás, recibiu ao comité organizador no Pazo de Raxoi.
CULTURA
Oito novos concertos no Compostela Rock e tres en Sons’14
Entre eles destaca a nova colaboración entre o ciclo Compostela Rock e o Galicia Importa que traerán a Compostela a Nick Waterhouse, The Dream Syndicate e Laredo. No Compostela Rock estarán tamén, entre outros, B-Real, Xzibit, Demrick, Bart Davenport, Why go, The Entrance Band, Cuello, La Dance, Músculo! e varios grupos de reggae galego. Ao programa de Sons’14 engadimos os concertos de aCadaCanto, Fetén Fetén e Zenet