CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo de inscrición para a viaxe á estación de esquí de San Isidro (León)
A Concellería de Centros Socioculturais abre este xoves 20 de febreiro, a partir das 17:00 horas, o prazo de inscrición na primeira das viaxes de varios días do programa Imos de excursión 2014. Trátase da viaxe denominada "Neve en familia", que se realizará os días 15 e 16 de marzo á estación de neve de San Isidro, en León.
COMERCIO E TURISMO
Máis de 17.000 persoas patinaron na pista de xeo da Alameda nos dous meses de apertura
A pista de xeo instalada no parque da Alameda pechou as súas portas este domingo. A concelleira de Comercio e Turismo, Reyes Leis, fixo balance da actividade dunha instalación pola que, dende o 12 de decembro ao 16 febreiro, pasaron 17.253 patinadores e patinadoras e case 32.000 visitantes en total.
CONSORCIO
O recoñecido clarinetista Maximiliano Martín impartirá clases a músicos galegos
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana o recoñecido trompetista tinerfeño Maximiliano Martín transmitirá os seus coñecementos sobre este instrumento de vento. Ademais dos alumnos da Escola, ofrécense tres prazas para alumnos externos ao...
EDUCACIÓN
O Concello investirá 21.079 euros en reparacións no CEIP Monte dos Postes
A Concellería de Educación vai acometer reparacións urxentes no CEIP Monte dos Postes, que suporán un investimento de 21.079 euros. As obras consistirán fundamentalmente na reparación dun canlón e dos canos das fiestras, resolvendo o problema da entrada de auga en diferentes estanzas do edificio.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu a nova xunta directiva da Delegación de Santiago do Colexio de Enxeñeiros Industriais
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu a Fernando Blanco Silva e Ernesto Rodríguez Blanco, recentemente elixidos delegado e subdelegado en Santiago do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia. O obxectivo da visita era a presentación oficial da nova xunta directiva da Delegación e a posta a disposición do Concello da colaboración do Colexio en todas aquelas áreas técnicas para as que están capacitados os enxeñeiros industriais.