CULTURA
"A viaxe dos Chévere", co seu director Alfonso Zarauza e coa presenza dos recentemente nomeados Premio Nacional de Teatro, clausura a XXVIII edición de Cineuropa
Este domingo, a última xornada da XXVIII edición de Cineuropa contará coa presenza, como broche final, de Alfonso Zarauza e o Premio Nacional de Teatro, a compañía Chévere. O motivo é unha nova sesión de A viaxe dos Chévere, filme no que Zarauza repasa a traxectoria da veterana compañía teatral e a súa loita pola cultura en tempos difíciles. Será ás 23:45 horas no Salón Teatro e a entrada de balde con convite.
ALCALDÍA
O alcalde anima a seguir traballando para erradicar "a inxustiza social da desigualdade que alenta e motiva a violencia de xénero"
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, e a presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo, clausuraron o II Congreso Internacional de Intervención e Prevención de Violencia de Xénero, celebrado na Cidade da Cultura do 27 ao 29 de novembro. Antes da sesión de peche, asistiron ao último relatorio destas xornadas, que correu a cargo do xuíz Fernando Grande Marlasca, presidente da Sala do Penal da Audiencia Nacional.
ALCALDÍA
Agustín Hernández reúnese coa empresa encargada da revisión do Plan Especial do Casco Histórico para iniciar os traballos
O obxectivo deste encontro, presidido polo alcalde de Santiago, Agustín Hernández, é avanzar cara á consecución dun instrumento actualizado que permita xestionar axeitadamente o principal activo patrimonial, turístico e económico da cidade e que dea resposta ás novas esixencias ás que se enfronta o Casco Histórico.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu a Xunta Directiva da Confederación Española de Cascos Históricos
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu no Concello a Xunta Directiva da Confederación Española de Cascos Históricos, que celebra esta fin de semana en Santiago o seu congreso.